Saltar ao contido

Tatjana Aparac-Jelušić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Modelo:BiografíaTatjana Aparac-Jelušić
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Osijek, Croacia Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade de Zagreb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity of Osijek (en) Traducir
Universidade de Zagreb Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1744221 Dialnet: 5267847


Tatjana Aparac-Jelušić, nada en 1948, é unha bibliotecaria e profesora de biblioteconomía croata. Retirouse deixando o seu posto como profesora no departamento de biblioteconomía da Facultade de educación da Universidade de Osijek. Tamén foi profesora no departamento de ciencias da información na facultade de Humanidades da Universidade de Zagreb e no departamento homólogo da Universidade de Zadar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aparac-Jelušić naceu en 1948 en Osijek, onde rematou a educación básica. Mudouse a Zagreb, onde rematou a secundaria e graduouse na Facultade de Humanidades e Ciencias Socais da Universidade de Zagreb. En 1991 acadou o seu título de doutora en ciencias da información.[1]

En 2006 gañou un premio para docentes en ciencias da información, o Thompson ISI's Outstanding Information Science Teacher of the Year, outorgado pola American Society for Information Science and Technology (ASIST).[2] Foi a primeira non estadounidense que o recibía nos 26 anos de historia do premio.[1]

É membro de numerosos comités organizadores de seminarios e conferencias a nivel nacional.Ten no seu haber máis de 60 publicacións profesionais publicadas e editou máis de 16 libros na área da biblioteconomía e a ciencia da información.[3]

É editora da publicación: Velimir Deželić:Visionary and the Leader of the Croatian Librarianship in the First Decades of the 20th Century in Croatian Librarians.Vol. 3 (Hrvatski Knjižničari Knjiga 3.) escrita por Dora Sečić en 2014.[4]

  1. 1,0 1,1 "Svjetsko priznanje i rad na dva fakulteta za 11.000 kuna". Jutarnji list (en croata). 23 November 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 21 March 2016. 
  2. "Outstanding Teacher Award". Thomson Reuters. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 05 de agosto de 2018. 
  3. "Tatjana Aparac-Jelušić". Croatian scientific bibliography. 
  4. Publicada pola Universidade de Zadar , Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais en Osijek. ISBN 978-953-331-089-3 (Zadar University) ISBN 978-953-314-082-7 (Faculty of Humanities and Social Sciences in Osijek)