Tarsicio Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTarsicio Carballo
Biografía
NacementoPortela de Aguiar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata

Tarsicio Carballo Gallardo, nado en Portela de Aguiar (Sobrado), é un enxeñeiro, profesor e político berciano, fundador do Partido de El Bierzo e máis do Partido Regionalista de El Bierzo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse na aldea de Langre [1] en Berlanga del Bierzo. Estudou enxeñería na Universidade Politécnica de Madrid e logo estableceu unha academia de ensino en Ponferrada na que deu clases. En 1979 fundou[2] o Partido de El Bierzo e converteuse no seu primeiro secretario xeral. En 1983 liderou a candidatura do seu partido nas eleccións municipais ao concello de Ponferrada sen lograr entrar na corporación municipal. En 1987 volveu encabezar a candidatura do seu partido nas municipais en Ponferrada e logrou acta de concelleiro ao obter tres concelleiros o PB[3]. En 1991 logo das eleccións acadou un pacto de goberno co socialista Celso López Gavela e foi concelleiro de xuventude, deportes, educación e cultura, mais aos seis meses o acordo crebou e pasou á oposición, nas eleccións de 1995 e 1999 volveu encabezar a candidatura bercianista nas municipais en Ponferrada.

No ano 2000 Carballo deixou de liderar o Partido de El Bierzo tras un congreso e, logo dunha serie de desacordos entre o antigo secretario xeral e a nova dirección, Carballo e os seus seguidores deixaron o partido para fundar en 2001 o Partido Regionalista de El Bierzo con Carballo como secretario xeral. Mantivo a súa acta de concelleiro, xa no grupo mixto, ata 2003. En 2015 volveu de novo entrar como edil, polo PRB, no concello de Ponferrada.

Notas[editar | editar a fonte]