Taras Senkiv
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de xullo de 1960 Bilobozhnytsia |
| Bispo diocesano | |
| 2 de abril de 2014 – ← Julian Gbur (en) Diocese: Ukrainian Catholic Eparchy of Stryi (en) | |
| Administrador apostólico | |
| 20 de xaneiro de 2010 – Diocese: Ukrainian Catholic Eparchy of Stryi (en) | |
| Bispo auxiliar | |
| 22 de maio de 2008 – Diocese: Ukrainian Catholic Eparchy of Stryi (en) | |
| Titular bishop of Siccenna (en) | |
| 22 de maio de 2008 – ← Earl Boyea (pt) | |
| Bispo católico oriental | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica bizantina ucraína e Igrexa católica |
| Educación | Universidade Palacký (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2008–), sacerdote católico (1982–), presbítero greco-católico |
| Orde relixiosa | Orde dos Mínimos |
| Consagración | Liubomyr Huzar |
Taras Senkiv, O.M. (en ucraíno: Тарас Сеньків), nado o 3 de xullo de 1960 en Bilobozhnytsia (distrito de Chortkiv, rexión de Ternopil, RSS de Ucraína), é un relixioso grecocatólico ucraíno da Orde dos Mínimos, bispo de Stryi dende o 2 de abril de 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Taras Senkiv naceu nunha familia de grecocatólicos clandestinos de Ucraína Occidental. Aos 17 anos se uniu a un seminario teolóxico clandestino, ao tempo que traballaba en varias ocupacións.
O 28 de maio de 1982 foi ordenado sacerdote en segredo polo bispo Pavlo Vasylyk, e exerceu o seu ministerio entre os fieis da "Igrexa das Catacumbas" até 1989, principalmente no occidente ucraíno. Entre 1989 e 1992 foi deán de Chortkiv, e entre 1992 e 2000 ampliou os seus estudos teolóxicos no Seminario Teolóxico de Olomouc (en Chequia) e na Universidade Palacký. Entre 2001 e 2002 foi sincelo da eparquía de Buchach. O 15 de febreiro de 2002 ingresou na Orde dos Mínimos en Italia, facendo os seus votos o 1 de outubro de 2006.
O 22 de maio de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Stryi, recibindo o 20 de xullo a consagración episcopal de mans do arcebispo maior de Lviv Liubomyr Huzar. O 20 de xaneiro de 2010 foi nomeado administrador apostólico da eparquía, e o 2 de abril de 2014 bispo diocesano da mesma.