Tapani Salminen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTapani Salminen
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Pirkanmaa, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata

Tapani Salminen, nado en Kangasala, Finlandia en 1962, é un filólogo finés

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en filosofía e filoloxía, e é o lector de linguas ugrofinesas da Universidade de Helsinqui. Foi xefe do Departamento de Linguas Ugrofineses e foi membro do Comité Consultivo para a Pluralismo Lingüístico e a Educación Multilingüe da UNESCO.

É autor de varios estudos sobre lingüística e ornitoloxía. É famoso polo seu Libro Vermello das Linguas Ameazadas, publicado en liña pola UNESCO e de consulta para os interesados en linguas minoritarias de todo o mundo. Porén, parece ser un seguidor da tese secesionista de Philippe Blanchet que considera que hai varias linguas de oc e non unha lingua occitana.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]