Taiyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taiyo / SRATS
TipoCientífico
OrganizaciónISAS
Data de lanzamento24 de febreiro de 1975[1][2][3]
Foguete portadorM-3C[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudos aeronómicos.[2][3][4][5]
Decaemento29 de xuño de 1980[1]
NSSDC ID1975-014A
Masa86 kg[4][2]
Potencia15 W[4][2]

Taiyo, tamén coñecido como SRATS (Solar Radiation and Thermospheric Satellite), foi un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de febreiro de 1975 a bordo dun foguete M-3C desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Taiyo era un satélite lanzado a órbita para facer investigacións aeronómicas. Tiña forma de octógono de 75 cm de diámetro e 65 cm de altura e estabilizábase mediante xiro. Do corpo do satélite extendíanse catro sondas de plasma unidas a mastros de 0,5 m de longo. A alimentación eléctica era proporcionada por 6000 células solares que cubrían os lados do satélite e que producían ata 15 W de potencia.[1][2][4][5]

A misión do satélite era estudar a ionosfera mediante a observación simultánea da radiación solar ionizante, o albedo ultravioleta da Terra, a composición dos ións positivos e os parámetros do plasma na ionosfera.[1][2][4][5]

O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 28 de xuño de 1980.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SRATS (TAIYO)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (28 de outubro de 2022). "Taiyo" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 24 March 1975 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (75-06246 (E)). 31 de marzo de 1975: 2. Consultado o 2 de marzo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SRATS (Taiyo)" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2024). "SRATS" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]