Saltar ao contido

Carboxipeptidase B2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TAFI»)
Estrutura cristalina do TAFI (PDB 3D66).

A carboxipeptidase B2 (CPB2) tamén chamada carboxipeptidase U (CPU), carboxipeptidase B do plasma (pCPB), ou inhibidor da fibrinólise activable pola trombina (TAFI)[1] é un encima que intervén na coagulación do sangue, que nos humanos está codificado polo xene CPB2 situado no cromosoma 13.[2][3]

O CPB2 sintetízase no fígado[4] e circula no plasma como un cimóxeno unido ao plasminóxeno (procarboxipeptidase B2)[5]. Cando é activado por proteólise no residuo Arg92 polo complexo trombina/trombomodulina, adquire actividade de carboxipeptidase. O CPB2 activado reduce a fibrinólise ao eliminar os residuos C-terminais da fibrina que son importantes para a unión e activación do plasminóxeno.[6][7]

As carboxipeptidases son encimas que hidrolizan enlaces peptídicos no extremo C-terminal. A familia das carboxipeptidases comprende metalocarboxipeptidases, serina carboxipeptidases e cisteina carboxipeptidases. Segundo a súa especificidade de substrato, estes encimas denomínanse carboxipeptidases A (que clivan residuos alifáticos) ou carboxipeptidases B (que clivan aminoácidos básicos). A CPB2 é unha metalocarboxipeptidase. A proteína codificada por este xene é activada pola trombina e actúa sobre os substratos típicos das carboxipeptidases B. Unha vez activada pola trombina, a proteína madura regula á baixa a fibrinólise.[8]

Fibrinólise simplificada. As frechas azuis indican estimulación, e as vermellas inhibición.

Neste xene e na súa rexión promotora describíronse polimorfismos. As análises de datos de secuencia dispoñibles indican que hai variantes de splicing que codifican diferentes isoformas (ver isoencima).[8]

  1. OMIM
  2. Eaton DL, Malloy BE, Tsai SP, Henzel W, Drayna D (1991). "Isolation, molecular cloning, and partial characterization of a novel carboxypeptidase B from human plasma". J Biol Chem 266 (32): 21833–8. PMID 1939207. 
  3. Tsai SP, Drayna D (1992). "The gene encoding human plasma carboxypeptidase B (CPB2) resides on chromosome 13". Genomics 14 (2): 549–50. PMID 1427879. doi:10.1016/S0888-7543(05)80268-X. 
  4. Kaushansky K, Lichtman M, Beutler E, Kipps T, Prchal J, Seligsohn U. (2010; edition 8: pages 1833-1834 and 2040-2041) Williams Hematology. McGraw-Hill. ISBN 978-0-07-162151-9
  5. Bouma BN, Marx PF, Mosnier LO, Meijers JC. Thrombin-activatable fibrinolysis inhibitor (TAFI, plasma procarboxypeptidase B, procarboxypeptidase R, procarboxypeptidase U). Thromb Res. 2001 Mar 1;101(5):329-54. PMID 11297751 [1]
  6. Zhao L, Morser J, Bajzar L, Nesheim M, Nagashima M (1998). "Identification and characterization of two thrombin-activatable fibrinolysis inhibitor isoforms". Thromb. Haemost. 80 (6): 949–55. PMID 9869166. 
  7. Boffa MB, Reid TS, Joo E, Nesheim ME, Koschinsky ML (1999). "Characterization of the gene encoding human TAFI (thrombin-activable fibrinolysis inhibitor; plasma procarboxypeptidase B)". Biochemistry 38 (20): 6547–58. PMID 10350473. doi:10.1021/bi990229v. 
  8. 8,0 8,1 "Entrez Gene: CPB2 carboxypeptidase B2 (plasma)". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]