TacSat 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TACSAT»)
TacSat 1 / TACSAT
TacSat 1 antes do lanzamento.
TipoComunicacións
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Contratistas principaisHughes Aircraft Company
BusHS-308
Data de lanzamento9 de febreiro de 1969[1][2][3]
Foguete portadorTitan IIIC[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico para comunicacións militares.[2][3][4][5]
NSSDC ID1969-013A
Masa640 kg[4][2]
Potencia980 W[4][2]
Datos orbitais
Semieixo maior42 117 km[1]
Inclinación0,8°[1]
Apoapse35 820 km[1]
Periapse35 671,7 km[1]

TacSat 1 ou TACSAT, acrónimo de Tactical Communications Satellite, e tamén coñecido como TACOMSAT, foi un satélite de comunicacións da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 9 de febreiro de 1969 a bordo dun foguete Titan IIIC desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

TacSat 1 foi un satélite de comunicacións experimental para comunicacións militares deseñado e construído por Hughes Aircraft Company usando o bus HS-308. No seu momento foi o satélite de comunicacións máis pesado e potente lanzado a órbita. Tiña unha masa de 730 kg cheo de propelente e forma cilíndrica, con 2,8 m de diámetro. Estabilizábase mediante xiro e levaba tres sistemas de antenas: un conxunto de cinco hélices para UHF, dous cornos para microondas en banda X e un corno bicónico para comandos e telemetría. O satélite foi posto fora de servizo o 16 de decembro de 1972, despois de demostrar as vantaxes dun sistema de comunicacións deste tipo.[1][2][4][5]

Entre 2003 e 2007 proxectouse o lanzamento dun satélite experimental co mesmo nome e do Laboratorio de Investigación da Forza Naval pero que nunca chegou a ser enviado a órbita. O nome TacSat o usa agora unha serie de satélites de demostración tecnolóxica.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "OPS 0757 (TACSAT)" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (28 de outubro de 2022). "TacSat 1" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 15 May 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (69-11558 (E)). 28 de maio de 1969: 2. Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TACSAT" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "TACSAT" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]