Preservativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Profiláctico»)
Preservativo masculino
Preservativo feminino sen anel interno
Preservativo feminino con anel interno

O preservativo, tamén chamado profiláctico ou popularmente condón, é unha funda de goma natural ou artificial, látex, poliuretano que se pon no pene en erección antes de realizar o acto sexual e que retén o seme no caso de preservativo masculino, ou adaptada a morfoloxía feminina para colocar na vaxina e recibir o seme, no caso de preservativo feminino. Utilizase como método de anticoncepción e tamén se usa de xeito profiláctico para evitar a transmisión de ETS. Tamén se chama condón. Orixinalmente o preservativo era para uso masculino, pero na actualidade existen tanto para homes como para mulleres [Cómpre referencia].

Litografía de Nicolas François Octave Tassaert (1800-1874): Die vorsichtige Geliebte/ A amante cautelosa.

Orixe[editar | editar a fonte]

En Exipto, polo menos desde hai 3000 anos, utilizábanse fundas de tea sobre o pene. A lenda do rei grego Minos (1200 a. C.) fai referencia ao emprego de vexigas natatorias de peixe ou vexigas de cabra para reter o seme. Os preservativos máis antigos do mundo que se conservan foron atopados en Inglaterra, en escavacións feitas nos oitenta no Castelo de Dudley e teñen polo menos 450 anos.