Moutier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moutier
Vista de Moutier.
Localización
Moutier en Suíza
Moutier
Moutier
PaísSuíza Suíza
CantónBerna
Xeografía
Superficie19,58 km²
Demografía
Poboación7348 hab. (decembro de 2020)
Densidade375 hab/km²
Outros datos
Código postal2740
AlcaldeMarcel Winistoerfer (PDC)

Moutier (antigo nome en alemán, Münster) é unha comuna suíza do cantón de Berna, situado no distrito administrativo do Xura bernés.

En 2021, os cidadáns de Moutier deciden unirse ao cantón de Xura, mais este cambio non debería entrar en vigor antes do 2026.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Moutier está situado no centro do arco do Xura entre as cidades de Biel/Bienne e Delémont. A cidade atópase na intersección dun sinclinal (Petit-Val e Grandval) e de dúas cluses (Canóns de Court e Canóns de Moutier). O punto máis alto da comuna culmina a 1270 m, no Graiteri. Os outros puntos altos localízanse a 1037 m e a 1000 m no Monte Girod e no Monte Raimeux respectivamente. A comuna abranga unha superficie de 1958 hectáreas.

O río Birs que atravesa Grandval de sur a norte, perpendicularmente á cordilleira do Xura, forma importantes canóns río arriba (Canóns de Court a través dos anticlinais de Graiteri) e río abaixo de Moutier (Canóns de Moutier a través dos anticlinais do Monte Raimeux). Estes canóns están recoñecidos como un lugar xeolóxico de importancia europea, mentres que o bosque de Raimeux é considerado polas autoridades do cantón de Berna como unha reserva natural a protexer[1].

Moutier forma parte da rexión turística Jura & Trois-Lacs, que comprende os arredores da cordilleira do Xura e dos lagos de Neuchâtel, Biel/Bienne e Morat.

Historia[editar | editar a fonte]

Historial do territorio[editar | editar a fonte]

Foto aérea tomada por Walter Mittelholzer a 400 m de altitude en 1931.

Notas