Saltar ao contido

Sótades de Maronea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSótades de Maronea
Nome orixinal(grc) Σωτάδης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Maronia, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomediógrafo, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía iámbica Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosApollonius Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4900066

Sótades de Maronea (en latín Sotades, grego antigo Σωτάδης) foi un poeta grego nado en Maronea en Tracia (segundo algunhas referencias era natural de Creta, pero xeralmente chámase Μαρωνείτης).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Floreceu en Alexandría ao redor do -280 Escribiu poemas lascivos chamados φλύακες ou κίναιδοι (Flyakes ou Kinaidoi), en dialecto xónico ou tamén Ἰωνικοὶ λόγοι (Ionikoí logoi "versos xónicos") ou Σωτάδεια ᾁσματα (Sotádeia asmata "Cancións de Sotades")

Atacou a Tolomeo II Filadelfo cando casou coa súa irmá Arsinoe, e o rei encarcerouno durante moito tempo. Escapou, pero foi feito prisioneiro en Caunus polo xeneral exipcio Patroclo, e guindouno ao mar nunha caixa de chumbo.

Quedan pequenos fragmentos das súas obras e os seguintes títulos mencionados por Hefestión e a Suídas:

  • Ἄδωνις (Adonis).
  • Ἀμαζών (Amazona).
  • εἰς ᾁδου κατάβασις (Eis adou katábasis).
  • εἰς Βελεστίχην (Eis belestichen).
  • Ἰλίας (Ilías).
  • Πρίηπος (Príepos).

O metro poético que usaba con máis frecuencia era coñecido como metro sotadeano. Ateneo de Naucratis fai algúns comentarios sobre este poeta, que parece que tivo varios imitadores, entre eles o seu fillo Apolonio e Caristio, e que os poetas latinos Ennio e Accio copiaron o seu estilo, mesmo entre os eclesiásticos gregos, xa que san Atanasio de Alexandría acusou a Ario de escribir nun estilo que se aproximaba aos “poemas sotadeos”.[1]

  1. Smith (1813-1893), Sotades, p.888

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]