Saltar ao contido

Svartifoss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSvartifoss
Imaxe
Tipofervenza
colunas basálticas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Vatnajökull Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSveitarfélagið Hornafjörður, Islandia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSkaftafell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 64°01′23″N 16°58′30″O / 64.023, -16.975
Características
Dimensións12 (altura) m

Svartifoss (A fervenza negra) é unha fervenza que se atopa no Parque Nacional Skaftafell, no sur de Islandia. É unha das atraccións máis populares do parque e está arrodeada por columnas basálticas negras, de orixe volcánica, que lle dan o seu nome. As columnas teñen unha forma hexagonal e foron formadas por un proceso de cristalización dentro dun fluxo de lava ó arrefriarse extremadamente amodo. Formacións similares a esta tamén se poden atopar na Calzada do Xigante na illa de Irlanda e en Staffa, Escocia.

Estas columnas de basalto inspiraron a varios arquitectos islandeses, sendo os mellores exemplos a igrexa luterana Hallgrímskirkja en Reiquiavik e o Teatro Nacional.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]