Saltar ao contido

Suráfrica contra Israel (Convención sobre Xenocidio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O proceso iniciado por Suráfrica contra o Estado de Israel o 29 de decembro de 2023, coñecido oficialmente como Aplicación da Convención para a prevención e a sanción do crime de xenocidio na Franxa de Gaza (Suráfrica contra Israel), refírese a presuntas violacións por parte de Israel das súas obrigas en virtude da Convención de xenocidio de 1948 e do dereito internacional en relación cos palestinos na Franxa de Gaza. A presentación de Suráfrica sitúa os cargos no que describe como "o contexto máis amplo da conduta de Israel cara aos palestinos durante os seus setenta e cinco anos de apartheid, os seus cincuenta e seis anos de ocupación belixerante do territorio palestino e o seu bloqueo de Gaza de dezaseis anos".[1][2] Suráfrica solicitou que a Corte Internacional de Xustiza (CIJ) emita medidas provisorias de protección.[3][4]

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel afirmou en cables diplomáticos que unha sentenza contra Israel "podería ter importantes implicacións potenciais que non só residen no mundo xurídico senón que teñen ramificacións prácticas bilaterais, multilaterais, económicas e de seguridade".[5]

As audiencias públicas terán lugar no Palacio da Paz da Haia o xoves 11 de xaneiro e o venres 12 de xaneiro de 2024.[6][7][8] Israel estará representado por avogados como Malcolm Shaw, KC[9][10] e o equipo xurídico surafricano inclúe a John Dugard, Tembeka Ngcukaitobi e Vaughan Lowe.[11] Espérase que Israel e Suráfrica nomeen a Aharon Barak[10] e Dikgang Moseneke, respectivamente, como xuíces.[12]

  1. Maupas, Stéphanie (January 1, 2024). "Israel-Hamas war: South Africa brings 'genocide' case before international courts". Le Monde.fr. Consultado o 2024-01-06. 'Long years of apartheid'... The South African lawyers have relied on UN reports, reports by Palestinian journalists and research by NGOs, because Israel prevents the international press from entering the Gaza Strip, as well as investigators from the International Criminal Court and the UN Human Rights Commission. They added that this genocide is committed "against a background of apartheid, expulsion, ethnic cleansing, annexation, occupation, discrimination and ongoing denial of the right of the Palestinian people to self-determination." 
  2. Powell, Anita (January 5, 2024). "South Africa to Take Israel to Top UN Court on Genocide Claim in Gaza". Consultado o 2024-01-06. In the court application, South Africa argues that the treatment of Palestinians also bears strong resemblance to South Africa's own racially motivated apartheid regime, which ended in 1994 with Mandela's election. "It is important," the submission reads, "to place the acts of genocide in the broader context of Israel's conduct towards Palestinians during its 75-year-long apartheid, its 56-year-long belligerent occupation of Palestinian territory and its 16-year-long blockade of Gaza, including the serious and ongoing violations of international law associated therewith, including grave breaches of the Fourth Geneva Convention, and other war crimes and crimes against humanity." 
  3. The request for provisional measures is made under Article 74 of the Rules of the Court, which states that "A request for the indication of provisional measures shall have priority over all other cases."
  4. "Proceedings instituted by South Africa against the State of Israel on 29 December 2023" (PDF). 2024-01-05. 
  5. Barak Ravid (2024-01-05). "Inside Israel's plan to quash South Africa's Gaza genocide case". 
  6. "3 January press release" (PDF). 
  7. Chao-Fong, Léonie (2023-12-30). "UN humanitarian chief ‘strongly condemns’ attack on aid convoy – as it happened". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-01-11. 
  8. Roelf, Wendell (2023-12-29). "South Africa files genocide case against Israel at World Court". Reuters. Arquivado dende o orixinal o |url-arquivo= require |data-arquivo= (Axuda). Consultado o 2024-01-05. 
  9. Eichner, Itamar (2024-01-04). "Professor Malcolm Shaw to represent Israel in the Hague". Ynetnews (en inglés). Consultado o 2024-01-07. 
  10. 10,0 10,1 Eichner, Itamar (2024-01-07). "Former Supreme Court Chief Justice Aharon Barak to represent Israel in The Hague". Ynetnews (en inglés). Arquivado dende o orixinal o |url-arquivo= require |data-arquivo= (Axuda). Consultado o 2024-01-07. 
  11. Rorisang Kgosana (2023-01-05). "The ‘A-team’ lawyers representing South Africa at the world court against Israel" (en inglés). Consultado o 2024-01-11. 
  12. Human Rights Watch 2024.