Surfin'

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Surfin'»
sinxelo de The Beach Boys
do álbum Surfin' Safari
Lanzamento novembro, 1961
Formato vinilo 7"
Gravada 3 de outubro de 1961 en World Pacific Studio
Xénero musical Surf rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 2:10
Discográfica Candix
Produtor(es) Hite Morgan
Escritor(es) Brian Wilson, Mike Love
Cronoloxía
«» «Surfin'» «"Surfin' Safari"
(1962)»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Surfin" é unha canción de The Beach Boys, escrita por Brian Wilson e Mike Love. Constitúe a primeira gravación do grupo que entón se chamaba The Pendletones, pero que editou Candix Records como o primeiro sinxelo de Beach Boys (mudándolles o nome[1]) en novembro de 1961, con Luau na cara B, e en 1962 apareceu no álbum Surfin' Safari. The Beach Boys intentaban pensar nalgunha cousa orixinal e creativa sobre a que escribir, e segundo Brian Wilson "Un día, meu irmán Dennis chegou á casa da praia e dixo, 'Oídes, surfear éche realmente grande. Rapaces deberiades escribir unha canción sobre iso."[2]

Na canción Mike Love era o vocalista con Carl Wilson no coro e guitarra, Al Jardine no coro e contrabaixo, Brian Wilson no coro e percusiónn e Dennis Wilson no coro. O sinxelo chegou ao número 75 nos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jay Warner American Singing Groups: A History from 1940s to Today: Hal Leonard Corporation (2006), p. 328
  2. David Leaf The Beach Boys and the California Myth: Grosset & Dunlap, 1978. ISBN 0-448-14626-6