Sunset Rubdown ñe unha banda canadense de art rock procedente de Montreal. O grupo naceu como un proxecto en solitario de Spencer Krug, membro de Wolf Parade, que publicou o seu álbum de estrea, Snake's Got a Leg, a principios do ano 2005.[1] O ano seguinte o proxecto aumentou e converteuse nunha banda completa que incluía a Camilla Wynne Ingr (anteriormente en Pony Up!), Jordan Robson-Cramer (Magic Weapon), e Michael Doerksen.[2]