Sungnyung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cunca de sungnyung

O sungnyung (en hangul 숭늉) é unha bebida coreana tradicional feita de arroz chamuscado fervido.

Esta bebida faise tipicamente co nurungji, ou costra torrada (pero non carbonizada) de arroz que se forma no fondo dun pote tras cociñalo. Vértese auga fervendo sobre esta costra escura, tápase o pote e déixase cocer a fogo lento até que a auga toma o suficiente sabor do arroz chamuscado.

O sungnyung acostuma facerse nun pote tradicional (feito de aceiro fundido), xa que os cacharros arroceiros eléctricos modernos non adoitan deixar unha capa de arroz chamuscado tras cociñalo.

Precisamente coa xeneralización das modernas arroceiras eléctricas o sungnyung perdeu popularidade, mais a finais do século XX empezou a recuperala e moitas arroceiras eléctricas incorporan actualmente a capacidade de cocer sungnyung. Nalgúns supermercados pódese encontrar unha forma en po de nurungji, que pode usarse para facer sungnyung rapidamente con só botarlle auga fervendo.

Algúns coreanos usan o sungnyung como substituto dun almorzo normal, mais o normal é servilo despois dunha comida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Hyeonmi cha, unha tisana coreana feita de arroz integral torrado
  • Oksusu cha, unha tisana coreana feita de millo torrado
  • Boricha, unha tisana feita de cebada torrada
  • Genmaicha, un xaponés feito de arroz integral torrado mesturado con té verde
  • Sikhye, unha bebida coreana doce feita de arroz
  • Tisana