Sulpicio o Pío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sulpicio
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Pasamento647

Sulpicio o Pío, finado en 647, foi un bispo franco, bispo de Bourges dende 624 até o seu pasamento. É venerado como santo na Igrexa católica.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu probablemente en Vatan, nunha familia da nobreza. Logo de ser ordenado sacerdote, entrou como capelán na corte dos francos de Clotario II.

Coa morte de santo Austrexesilio, foi elixido bispo de Bourges. Completou o proceso de cristianización dos seus fregueses, erradicando o paganismo e convertendo aos xudeus. Partecipou no concilio de Clichy de 627, e foi mestre de Remaclo e Desiderio de Cahors, posteriormente venerados tamén como santos. Desiderio de Cahors foi consagrado bispo por Sulpicio, e del escribiu unha Vita.

Opúxose ás tentativas hexemónicas de Dagoberto I, defendendo os privilexios da súa diocese. Dedicouse á atención aos pobres e enfermos da súa diocese, converténdose en obxecto da devoción popular xa antes do seu pasamento: a tradición conta que os seus funerais tiveron que ser atrasados para permitir a unha grande multitude render homenaxe aos seus restos mortais.

Culto[editar | editar a fonte]

San Sulpicio
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade17 de xaneiro

No Martiroloxio Romano é lembrado deste xeito no 17 de xaneiro:

En Bourges, cidade de Aquitania (hoxe Francia), san Sulpicio, apelidado o Pío, bispo, que tendo pasado do pazo real ao episcopado, a súa maior preocupación foi o coidado dos pobres (647).[1]

É titular do seminario e da igrexa de San Sulpicio de París, e patrón dos padres sulpicianos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martirologio Romano (en castelán). En Bourges, ciudad de Aquitania (hoy Francia), san Sulpicio, apellidado el Pío, obispo, que habiendo pasado del palacio real al episcopado, su mayor preocupación fue el cuidado de los pobres (647) 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]