Sucesos de Casas Viejas
Sucesos de Casas Viejas | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Fotografía tirada horas despois de rematar o masacre, cos corpos aínda no chan das persoas abatidas. | ||||
Tipo | revolta labrega e masacre ![]() | |||
Parte de | insurrección anarquista de xaneiro de 1933 ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Benalup-Casas Viejas ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Comezo | 10 de xaneiro de 1933 ![]() | |||
Remate | 12 de xaneiro de 1933 ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Os sucesos de Casas Viejas, tamén coñecidos como o masacre de Casas Viejas, consistiron nun intento de levantamento labrego contra o Cuartel da Garda Civil, que tiveron lugar entre o 10 e o 12 de xaneiro de 1933 na pequena localidade de Casas Viejas, na provincia de Cádiz, e constitúen un dos feitos máis tráxicos da Segunda República Española. Abriu unha enorme crise política no primeiro bienio da República e foi o comezo da perda de apoios políticos e sociais que conduciría meses despois á caída do goberno republicano-socialista de Manuel Azaña e ao triunfo das dereitas nas eleccións de novembro de 1933.[1]
Se se contabilizan os feridos falecidos posteriormente, resultaron mortos veinte e oito labregos, dous gardas civís e un de asalto. Segundo o historiador Ricardo Robledo, «hai moitas facetas na traxedia de Casas Viejas» mais «aqueles sucesos significaron tamén a cristalización do desencontro entre o campesiñado máis pobre e os ideais da República coa súa promesa de reforma agraria e de mellora das condicións de traballo».[2]
Historia e características
[editar | editar a fonte]O 11 de xaneiro de 1933 tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como Benalup-Casas Viejas) unha revolta protagonizada por un grupo de anarquistas da CNT que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, destituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da Garda Civil onde se atopaban un sarxento e tres números. Feren de morte ao sarxento e a un dos números, pero non conseguen os seus propósitos.
Inmediatamente, decatado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da Garda de Asalto que entraron a tiros na vila, incendiaron a casa na que se refuxiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboeiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.
Coñecidos os feitos en toda España, produciuse un grande escándalo parlamentario e periodístico que produciu a caída do goberno de Azaña e favoreceu a chegada da dereita ao goberno.
O periódico da CNT describiu os feitos como:
Fue una razzia de mercenarios de la legión en un aduar rifeño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La matanza que hundió a Azaña. Reedición de Viaje a la aldea del crimen, de Ramón J. Sender". El País (en castelán).
- ↑ Robledo, Ricardo (2023). "90 años de los sucesos de Casas Viejas". Conversación sobre la Historia (11 de xaneiro de 2023).
El episodio de Casas Viejas resultaba más que incómodo a los reformistas republicanos y socialistas, que eludieron esclarecer los hechos y depurar responsabilidades
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ballbé, Manuel (1983). Orden público y militarismo en la España constitucional (1812-1983) (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2378-4.
- Casanova, Julián (1997). De la calle al frente. El anarcosindicalismo en España (1931-1936) (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 84-7423-836-6.
- Gil Pecharromán, Julio (1997). La Segunda República. Esperanzas y frustraciones. Madrid: Temas de Hoy-Historia 16. ISBN 84-7679-319-7.
- Gutiérrez Baena, Salustiano (2017). Los sucesos de Casas Viejas: Crónica de una derrota. Editorial Beceuve.
- Jackson, Gabriel (1976). La República Española y la Guerra Civil, 1931-1939 [The Spanish Republic and the Civil War, 1931-1939] (2ª ed.). Barcelona: Crítica. ISBN 84-7423-006-3.
- Luengo Camacho, José; Antequera, Juan José (introd. y notas): Informe inédito de Casas Viejas. Testimonio de un guardia de Asalto acerca de los sucesos que cambiaron la Historia de España; Sevilla, Facediciones, 2008. 2ª ed. 2010.
- Mintz, Jerome R. (2006). Los anarquistas de Casas Viejas (en castelán). Cádiz: Deputación de Cádiz. ISBN 978-84-96583030.
- Mintz, Jerome R. (1982). The Anarchists of Casas Viejas (en inglés). Chicago: Chicago University.
- Mera Costas, Pilar (2021). 18 de julio de 1936. El día que empezó la Guerra Civil. Barcelona: Taurus. ISBN 978-84-306-2269-6.
- Sender, R. J. (2016): Viaje a la aldea del crimen. Documental de Casas Viejas. Libros del Asteroide. ISBN 978-84-16213-63-4
- Ramos, Tano (2012). El caso Casas Viejas: Crónica de una insidia (1933-1936) (en castelán). Barcelona: Tusquets. ISBN 978-84-83833919.