Ramón J. Sender

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón J. Sender
Nome completoRamón José Sender Garcés
AlcumeRamón J. Sender
Nacemento3 de febreiro de 1901
 Chalamera
Falecemento16 de xaneiro de 1982
 San Diego
NacionalidadeEspaña e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade Central
Ocupaciónescritor e xornalista
CónxuxeAmparo Barayón e Florence Hall
FillosRamon Sender e Ramón Sender Barayón
XénerosNarrativa
PremiosBolsa de estudos Guggenheim e Premio Planeta
Na rede
IMDB: nm0784139 Musicbrainz: e08c9ea8-c9c3-4424-9a6a-fbeb10cb493a Find a Grave: 7563262 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ramón José Sender Garcés, nado en Chalamera (provincia de Huesca) o 3 de febreiro do 1901 e finado en San Diego (California) o 16 de xaneiro do 1982, foi un xornalista e escritor español. A súa principal obra é Réquiem por un campesino español (1953), titulada inicialmente Mosén Millán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu de xornalista na súa xuventude na prensa aragonesa da época. No 1922 prestou o servizo militar no Marrocos colonial, tan só un ano despois do desastre de Annual, feito que marcou posteriormente tanto as súas colaboracións xornalísticas primeiro, como, xa anos máis tarde, a súa primeira novela, Imán (1930).

No 1924 incorporouse á redacción do xornal madrileño El Sol, á vez que se foi achegando aos círculos intelectuais e políticos contrarios á ditadura de Miguel Primo de Rivera, motivo polo cal debeu pasar algunha vez pola cadea.

Ao pouco tempo, Sender inclinouse pola ideoloxía anarquista, deixando El Sol e marchando a Barcelona para colaborar co xornal da CNT Solidaridad Obrera. No 1933 escribiu para o xornal La Libertad a reportaxe sobre a represión policial nos Sucesos de Casas Viejas, que tamén recolleu na súa obra literaria Viaje a la aldea del crimen (1934). Iniciou entón outra fase na súa evolución ideolóxica, achegándose a posturas próximas ao comunismo soviético.

No 1936 estourou a Guerra Civil española e Sender abrazou a causa republicana. En poucos meses a traxedia da guerra irrompeu no seu círculo familiar; tanto a súa esposa coma o seu irmán Manuel, alcalde de Huesca, foron fusilados polo bando nacional. Acosado non só por estes, senón tamén por algúns xefes comunistas que desconfiaban del, logrou fuxir a Francia cos seus dous fillos, para logo se exiliar aos Estados Unidos de América. A dura etapa do inicio da súa vida de exiliado forneceu, non obstante, á literatura coas mellores obras do autor oscense.

No país americano dedicouse a impartir aulas de literatura española, podendo volver en dúas ocasións, no 1974 e no 1976. Tralo seu falecemento, as súas cinzas foron espalladas nas augas do océano Pacífico.

Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

Tres elementos presiden a actividade narrativa do escritor. En primeiro lugar, a súa experiencia como exiliado produciulle un sentimento de desarraigamento persoal unida á vontade de seguir escribindo sobre temas hispánicos. Tamén a evolución ideolóxica, do anarquismo ao humanismo apolítico, pasando polo comunismo, impregna as páxinas dos seus libros, pero sempre co común denominador da denuncia das inxustizas. E, por último, a súa vida moral, dominada pola procura da inocencia e a obsesión da culpabilidade, causa de que sempre opuxera ás descricións da barbarie e ruindade humana o valor da inocencia, simbolizada en numerosas ocasións na morriña da infancia.

Combinando os elementos descritos pódense establecer as seguintes etapas na obra de Sender:

Novela social e política[editar | editar a fonte]

Esta etapa, de 1930 a 1935, representa un preludio do realismo social que nos anos 50 e 60 reinou na literatura en lingua castelá e que compartiu con outros escritores do período (José Díaz Fernández, César Arconada ou o autor de Ponteareas Manuel Benavides). Exhibe unha concepción novelística asentada nunha visión dialéctica da realidade social, tocando temas como a Guerra de Marrocos (Imán, 1930), a represión policial (O.P., 1931), os movementos anarquistas (Siete domingos rojos, 1932) e o levantamento federalista na Cartagena de 1873 na súa obra máis salientable da época, Mr. Witt en el Cantón (1935).

Novelas do exilio[editar | editar a fonte]

Trátase dunha produción extensísima (máis de 40 libros) e moito máis variada. Escribe novelas de temática americana, entre as que destaca La aventura equinoccial de Lope de Aguirre (1964), realiza evocacións do seu propio pasado nas nove novelas que compoñen Crónicas del alba (1942-1966). O tema da Guerra Civil obsesiónao continuamente, e trátao tanto con técnicas simbólicas (El rey y la reina, 1949) como cinguíndose a un depurado realismo na que é, sen dúbida, a súa obra capital: Réquiem por un campesino español, publicada no 1953 baixo o título Mosén Millán. Relata como un crego dunha aldea aragonesa evoca a vida dun veciño finado a causa das xenreiras desamalloadas pola guerra mentres prepara o seu funeral.

Ramón J. Sender tamén cultivou o ensaio, a poesía e o teatro, que, porén, non obtiveron tanto recoñecemento como as súas obras narrativas.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Imán (1930)
  • O.P. (Orden Público) (1931)
  • Siete domingos rojos (1932)
  • Viaje a la aldea del crimen (1934)
  • La noche de las cien cabezas(1934)
  • La Esfera (1934)
  • Mr. Witt en el cantón (1935)[1]
  • Contraataque (1938)
  • El lugar de un hombre (1939)
  • Mexicayoti (1940)
  • El viento de la Moncloa (1940)
  • Crónica del alba[2]
  • Epitalamio del prieto Trinidad (1942)
  • El rey y la reina (1947)
  • El verdugo afable (1952)
  • Réquiem por un campesino español (1953)
  • Los cinco libros de Ariadna (1957)
  • Los laureles de Anselmo (1958)
  • Bizancio (1958)
  • La llave (1960)
  • Novelas ejemplares de Cíbola (1961)
  • La tesis de Nancy (1962)
  • La luna de los perros (1962)
  • Carolus Rex (1963)
  • Los tontos de la Concepción (1963)
  • Jubileo en el Zócalo (1964)
  • El bandido adolescente (1965)
  • Cabrerizas Altas (1966)
  • Las gallinas de Cervantes y otras narraciones parabólicas (1967)
  • Tres novelas teresianas (1967)
  • Las criaturas saturnianas (1967)
  • El extraño señor Photynos y otras narraciones americanas (1968)
  • La aventura equinoccial de Lope de Aguirre (1968)
  • Novelas del otro jueves (1969)
  • Nocturno de los catorce (1969)
  • En la vida de Ignacio Morell (1969; Premio Planeta)
  • Relatos fronterizos (1970)
  • La Antesala (1971)
  • Túpac Amaru (1973)
  • Nancy, doctora en gitanería (1974)
  • Las tres Sorores (1974)
  • La mesa de las tres moiras (1974)
  • El fugitivo (1976)
  • Gloria y vejamen de Nancy (1977)
  • El Mechudo y la llorona (1977)
  • Solanar y lucernario aragoneses (1978)
  • Epílogo a Nancy: bajo el signo de Taurus (1979)
  • La mirada inmóvil (1979)
  • Ramú y los animales propicios (1980)
  • Tanit (1981)
  • Monte Odina (1981)
  • La Cisterna de Chichen Itzá (1981)
  • Álbum de radiografías secretas (1982)
  • Hughes y el once negro (1984)
  • Toque de queda (1985)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El problema religioso en México; católicos y cristianos (1928)
  • Madrid-Moscú, narraciones de viaje (1934)
  • Carta de Moscú sobre el amor (1934)
  • Unamuno, Valle Inclán, Baroja y Santayana (1955)
  • Examen de ingenios. Los noventayochos (1961)
  • Valle Inclán y la dificultad de la tragedia (1965)
  • Ensayos sobre el infringimiento cristiano (1967)
  • Tres ejemplos de amor y una teoría (1969)
  • América antes de Colón (1930)
  • Teatro de masas (1932)
  • Proclamación de la sonrisa (1934)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Hernán Cortés (1940).
  • El Diantre, tragicomedia para el cine según un cuento de Andreiev (1958).
  • Los antofogastas, Donde crece la marihuana (1967).
  • Don Juan en la mancebía, drama litúrgico en cuatro actos (1968).
  • Los laureles de Anselmo (1958) "novela escénica".
  • Jubileo en el zócalo (1966) "novela escénica".

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Las imágenes migratorias (1960)
  • Libro armilar de poesía y memorias bisiestas (1973)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Premio Nacional de Literatura de España
  2. I. Crónica del alba. Hipógrifo violento. La "Quinta Julieta". II El mancebo y los héroes. La onza de oro. Los niveles del existir. III Los términos del presagio. La orilla donde los locos sonríen. La vida comienza ahora. (1942-1966).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982), Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]