Sublime (grupo musical)
| Sublime | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Composto por
Jakob James Nowell (en) Bud Gaugh (en) Eric Wilson (en) Bradley Nowell (pt) | |||
|
Selo discográfico
| |||
| Obra | |||
|
Discografía
| |||
| Datas | |||
|
Inicio de actividade
| |||
|
Fin de actividade
| |||
|
Data de fundación
| |||
| Localización | |||
|
Lugar de formación
| |||
|
País de orixe
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Páxina WEB
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
Sublime foi unha banda estadounidense de ska punk e reggae rock procedente de Long Beach (California) e fundada en 1988. A súa formación, que permaneceu inalterable durante toda a súa carreira, estivo composta polo vocalista e guitarrista Bradley Nowell, o baixista Eric Wilson e o batería Bud Gaugh. Lou Dog, o dálmata de Nowell, foi a mascota da banda. Michael 'Miguel' Happoldt e Marshall Goodman "Ras MG" contribuíron e co-escribiron varias cancións de Sublime. Nowell morreu dunha sobredose de heroína en 1996. En 1997, cancións póstumas como "Santeria", "Wrong Way", "Doin' Time", e "April 29, 1992 (Miami)" foron liberadas á radio estadounidense.
Sublime publicou tres álbums de estudio, un álbum ao vivo, cinco recompilatorios (un dos cales tamén contén material inédito), tres EPs e un box set. Aínda que os seus dúas primeiros álbums, 40oz. to Freedom (1992) e Robbin' the Hood (1994), foron moi populares nos Estados Unidos, Sublime non experimentou un grande éxito comercial ata a edición do seu terceiro traballo en 1996, Sublime, lanzado dous meses despois da morte de Nowell. Este disco acadaría o posto 13 da lista Billboard 200 e del sacouse o sinxelo "What I Got", que foi o único número 1 do grupo en toda a súa traxectoria. Cara 2009 Sublime vendera ao redor de 17 millóns de álbums en todo o mundo, 10 deles nos Estados Unidos.
En 2009, os membros superviventes decidiron reformar a banda con Rome Ramirez, un guitarrista novo e seareiro do grupo. Porén, non moito despois de actuar no Smokeout Festival de Cypress Hill, un xulgado dos Ánxeles prohibíulles actuar co nome de Sublime. Isto foi debido a que Nowell fora dono dos dereitos do mesmo, e como resultado non podían usalo se no seu testamento non tiñan permiso para facelo. En xaneiro de 2010 resolveuse a demanda e a nova formación actúa agora co nome Sublime with Rome, editando o seu álbum de estrea, Yours Truly, o 12 de xullo de 2011. Cinco meses despois do seu lanzamento Gaugh anunciou que abandonaba o grupo.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| 40oz. to Freedom | 1992 | Skunk Records |
| Robbin' the Hood | 1994 | Skunk Records |
| Sublime | 1996 | MCA |