Stuart Milner-Barry
Stuart Milner-Barry | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1906 |
Lugar de nacemento | Hendon, Londres, ![]() |
Falecemento | 17 de xaneiro de 2008 |
Lugar de falecemento | Lewisham, Londres, ![]() |
Nacionalidade | Inglés |
Alma máter | Trinity College e Cheltenham College |
Ocupación | Xogador de xadrez, criptoanalista e funcionario público |
Premios | oficial da Orde do Imperio Británico, Companion of the Order of the Bath e Knight Commander of the Royal Victorian Order |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sir (Philip) Stuart Milner-Barry, nado en Hendon, Londres o 20 de setembro de 1906 e finado en Lewisham, Londres o 25 de marzo de 1995,[1] foi un xogador de xadrez e funcionario público inglés, que tamén foi criptoanalista durante a Segunda Guerra Mundial.[2] Traballou en Bletchley Park e foi director do «Hut 6», unha sección responsable de desencriptar mensaxes que foran cifrados coa máquina Enigma alemá.[2] Foi un dos catro principais descodificadores de Bletchley que asinaron unha influente carta mediante a cal fixeron unha petición directa de máis recursos ó daquela Primeiro Ministro Británico Winston Churchill. Despois da guerra va traballou no Tesouro da Súa Maxestade e posteriormente como administrador do Sistema de Honras Británico. No xadrez, representou a Inglaterra en torneos internacionais e deulle nome a diversas variantes de apertura.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ findagrave.com, ed. (20 de xuño de 2012). "Nota biogràfica de Stuart Milner-Barry, i referència a la seva tomba" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Chessgames.com (ed.). "Nota biogràfica de Stuart Milner-Barry" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2013.