Stroad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruzamento de dúas stroads en Texas.

Stroad (en inglés: street + road) é un tipo de estrada que é unha combinación dunha rúa e unha estrada, común nos países de América do Norte.[1] A parte da rúa é descrita como un "ambiente complexo onde a vida na cidade acontece", con peóns, coches, edificios próximos á calzada de doado acceso, con moitas entradas e saídas, e con espazos para estacionamento temporal e vehículos de carga e descarga. A parte da estrada é descrita como unha "conexión de alta velocidade entre dous lugares" con carrís anchos, entradas e saídas limitadas, e que xeralmente son rectas ou teñen curvas suaves.[2]

Notas[editar | editar a fonte]