Strada statale 80 del Gran Sasso d'Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Strada statale 80 del Gran Sasso d'Italia (SS 80)

A Strada statale 80 del Gran Sasso d'Italia (SS 80), que une L'Aquila con Téramo, ou Strada regionale 80 del Gran Sasso d'Italia (SR 80), de Téramo a Giulianova, é unha importante strada statale e rexional italiana. Une a capital da rexión coa costa.

No tramo central a estrada foi destinada a fin turístico e denominada Strada maestra del Parco.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Ten a súa orixe en L'Aquila, por Viale Corrado IV, e diríxese cara ao norte, onde toca os comuni de San Vittorino, Cermone e Arischia. De aí a estrada pasa a ser típicamente de montaña e comeza a súa subida cara ao Gran Sasso d'Italia; a 1.299 msnm atravésase o paso fronteirizo de Capannelle e penetra no val do Vomano, onde se pasa pola localidade de Ortolano. Continuando cara ao leste a estrada atravesa Fano Adriano, Montorio al Vomano, Villa Tordinia e, descendendo cara á chaira, chégase a Téramo. Despois da cidade o trazado faise chairo e fluído e, superado San Nicolò a Tordino (última frazione da cidade de Téramo), pásase pola estación de Bellante (na frazione de Bellante Stazione, en Bellante), crúzase coa Autostrada A14, pola cal se chega a Giulianova, onde a ruta segue o camiño pola strada statale 16 Adriatica.