Stormwatch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stormwatch
Álbum de Jethro Tull
Gravación primavera . verán de 1979
Estudio(s) Maison Rouge Mobile e Maison Rouge Studio, Fulham, Londres
Duración 45:42
Xénero(s) folk rock, rock progresivo, hard rock
Selo(s) Chrysalis Records
Producido por Ian Anderson, Robin Black
Cronoloxía
Bursting Out Stormwatch A

Stormwatch é o décimo segundo álbum da banda inglesa de rock progresivo Jethro Tull, publicado o 14 de setembro de 1979 a través do selo Chrysalis Records. É considerado o derradeiro da triloxís de álbums defolk rock do grupo (aínda que a música folk influenciou a todos os traballos de Jethro Tull). Xunto con outros temas, o disco toca os problemas relacionados co medio ambiente, o petroleo e os cartos. No ano 2004 publicouse unha versión remasterizada con catro temas extra.

Este é o derradeiro álbum de Jethro Tull en contar coa súa formación clásica dos 70. O baixista John Glascock, que sufría os efectos dunha infección cardíaca que finalmente o matou, aparece só en tres cancións ("Flying Dutchman", "Orion", and "Elegy"). Ian Anderson tocou o baixo no resto dos temas, mentres que Dave Pegg encargouse do instrumento na seguinte xira. A peza instrumental "Elegy" foi composta por David Palmer.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Ian Anderson agás onde se indique. 

Cara 1
N.º Título Duración
1. "North Sea Oil"   3:12
2. "Orion"   3:58
3. "Home"   2:46
4. "Dark Ages"   9:13
5. "Warm Sporran" (instrumental) 3:33
Cara 2
N.º Título Duración
1. "Something's on the Move"   4:27
2. "Old Ghosts"   4:23
3. "Dun Ringill"   2:41
4. "Flying Dutchman"   7:46
5. "Elegy" (instrumental, David Palmer) 3:38

Cancións extra[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "A Stitch in Time"   3:40
2. "Crossword"   3:38
3. "Kelpie"   3:37
4. "King Henry's Madrigal" (instrumental, King Henry VIII) 3:01