Saltar ao contido

Stjepan Filipović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStjepan Filipović

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hr) Stjepan «Stevo» Filipović
(sr) Стјепан «Стева» Филиповић Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Opuzen (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 1942 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Valjevo (Serbia de Nedić) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAcción política e Resistência durante a Segunda Guerra Mundial (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Iugoslavia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguerrilleiro, membro da resistencia, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLiga de Comunistas de Iugoslavia (1940–1942) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Филипович Степан) Editar o valor en Wikidata

Stjepan "Stevo" Filipović (alfabeto cirílico: Стјепан "Стево" Филиповић), nado o 27 de xaneiro de 1916 e asasinado o 22 de maio de 1942, foi un partisano iugoslavo que foi executado durante a segunda guerra mundial e postumamente declarado Heroe Popular de Iugoslavia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Monumento na honra de Filipović, en Valjevo.

Filipović naceu o 27 de xaneiro de 1916 en Opuzen (na actualidade parte de Croacia), nos derradeiros días do Imperio Austrohúngaro. Antes do comezo da segunda guerra mundial viviu en Mostar e Kragujevac, ámbalas dúas parte do Reino de Iugoslavia. Uniuse ó movemento obreiro en 1937, e ó Partido Comunista de Iugoslavia en 1940. Filipović foi arrestado en 1939 e sentenciado a un ano de prisión.

Filipović foi comandante da unidade partisana Tomnasko-Kolubarski en Valjevo no ano 1941. Foi capturado o 24 de febreiro de 1942 polas forzas do eixo e posteriormente aforcado en Valjevo (na Iugoslavia ocupada) o 22 de maio de 1942. Cando lle colgaron a soga ó redor do pescozo, Filipović ergueu os brazos e berrou "Morte ó fascismo, liberdade para a xente!", instando ó pobo iugoslavo a non deixar de amosar resistencia. Nese intre tomouse a coñecida fotografía[1], na cal se baseou a escultura na súa honra, na cidade de Valjevo[2].

Filipović foi declarado Heroe Popular de Iugoslavia o 14 de Nadal de 1949[3].

  1. A imaxe de Filipović, intres antes de que un nazi dera unha patada á banqueta.
  2. Sinclair, Upton; Sagarin, Edward; Teichnerhe, Albert; Cry for Justice: An Anthology of the Literature of Social Protest, p. 438; L. Stuart, 1963.
  3. Burns, Richard; The Blue Butterfly: Selected Writings, p. 144; Salt, 2006, ISBN 1-84471-258-3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]