Stjepan Filipović
Stjepan Filipović | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1916 |
Lugar de nacemento | Opuzen |
Falecemento | 22 de maio de 1942 |
Lugar de falecemento | Valjevo |
Causa | enforcamento |
Nacionalidade | Reino de Iugoslavia |
Ocupación | guerrilleiro, membro da resistencia e político |
Premios | People's Hero of Yugoslavia e Ordem do Herói do Povo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Stjepan "Stevo" Filipović (alfabeto cirílico: Стјепан "Стево" Филиповић), nado o 27 de xaneiro de 1916 e asasinado o 22 de maio de 1942, foi un partisano iugoslavo que foi executado durante a segunda guerra mundial e postumamente declarado Heroe Popular de Iugoslavia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filipović naceu o 27 de xaneiro de 1916 en Opuzen (na actualidade parte de Croacia), nos derradeiros días do Imperio Austrohúngaro. Antes do comezo da segunda guerra mundial viviu en Mostar e Kragujevac, ámbalas dúas parte do Reino de Iugoslavia. Uniuse ó movemento obreiro en 1937, e ó Partido Comunista de Iugoslavia en 1940. Filipović foi arrestado en 1939 e sentenciado a un ano de prisión.
Filipović foi comandante da unidade partisana Tomnasko-Kolubarski en Valjevo no ano 1941. Foi capturado o 24 de febreiro de 1942 polas forzas do eixo e posteriormente aforcado en Valjevo (na Iugoslavia ocupada) o 22 de maio de 1942. Cando lle colgaron a soga ó redor do pescozo, Filipović ergueu os brazos e berrou "Morte ó fascismo, liberdade para a xente!", instando ó pobo iugoslavo a non deixar de amosar resistencia. Nese intre tomouse a coñecida fotografía[1], na cal se baseou a escultura na súa honra, na cidade de Valjevo[2].
Filipović foi declarado Heroe Popular de Iugoslavia o 14 de Nadal de 1949[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A imaxe de Filipović, intres antes de que un nazi dera unha patada á banqueta.
- ↑ Sinclair, Upton; Sagarin, Edward; Teichnerhe, Albert; Cry for Justice: An Anthology of the Literature of Social Protest, p. 438; L. Stuart, 1963.
- ↑ Burns, Richard; The Blue Butterfly: Selected Writings, p. 144; Salt, 2006, ISBN 1-84471-258-3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Filipović Avrama StjepanArquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., Narodni heroji Jugoslavije (en serbo-croata).