Starlette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Starlette
Tipoxeodésico
OrganizaciónCNES
Destino actualEn órbita.[1]
Data de lanzamento6 de febreiro de 1975, 16:35 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDiamant B-P4[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[3][6]
Obxectivo da misiónObxectivo pasivo para medicións xeodésicas.[3][6]
NSSDC ID1975-010A
Masa47 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7333 km[1]
Inclinación49,8 graos[1]
Apoapse1113,7 km[1]
Periapse812,0 km[1]

Starlette é un satélite artificial do CNES francés lanzado o 6 de febreiro de 1975 mediante un foguete Diamant B-P4 desde o Centro Espacial de Kourou.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Starlette foi lanzado para servir como reflector pasivo desde o espazo co que realizar medidas xeodésicas de alta precisión. Para iso ía recuberto con 20 zonas feitas de aliaxe de aluminio e magnesio con base triangular contendo tres retrorreflectores láser cada unha. O satélite en si tiña forma esférica de 12 cm de radio e 47,3 kg de masa, cun núcleo de uranio 238 e molibdeno.[3][5][6]

En 1993 lanzaouse un satélite practicamente idéntico co mesmo fin denominado Stella.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STARLETTE" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (04-51402(E)). 2 de marzo de 2004: 4. Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Starlette" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Starlette" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Starlette / Stella" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Starlette" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]