St Andrew's Stadium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°28′33″N 1°52′05″O / 52.475702777778, -1.8681888888889

St Andrew's
Inglaterra St Andrew's
Datos
LocalizaciónBirmingham, Inglaterra
Construción
Inauguración26 de decembro de 1906
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións100 x 66
Capacidade30.079
PropietarioBirmingham City F.C.
LocalíaBirmingham City F.C.

St Andrew's é un estadio de fútbol do barrio de Bordesley de Birmingham, Inglaterra. É o fogar do Birmingham City F.C. desde a súa apertura en 1906 e conta con capacidade para 30.079 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O estadio foi inaugurado en 1906, e contaba cun aforamento de 75.000 espectadores, constando dunha tribuna cuberta e o resto de bancadas ao descuberto. O maior rexistro de asistencia situouse entre os 66.844 e 67.341 espectadores, nun partido da FA Cup de 1939 que terminou en empate contra o Everton. Durante a segunda guerra mundial, a tribuna queimouse e o terreo de xogo quedou gravemente danado. A nova tribuna construíuse na década de 1950, e unha pequena bancada nun dos fondos, pero houbo poucos cambios até a década de 1990. Trala adquisición do club en 1993, tódalas localidades foron remodeladas e convertéronse en localidades de asento para dar cumprimento ao Informe Taylor para a seguridade dos recintos deportivos, reducíndose a capacidade a pouco máis de 30.000.

Partidos[editar | editar a fonte]

St Andrew's acolleu partidos internacionais da selección de fútbol de Inglaterra nas categorías inferiores á selección absoluta, así como partidos da semifinal da FA Cup e finais de competicións menores. Celebráronse tamén outros acontecementos deportivos, incluídos o rugby e o boxeo profesional, e, máis recentemente, escenario de concertos de música. O estadio ten salas axeitadas para os negocios ou eventos sociais e unha tenda de merchandising oficial do Birmingham City.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]