Saltar ao contido

St Andrew's Stadium

St Andrew's
Birmingham Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
26 de decembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
26 de decembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade30.016 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Bordesley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0516x6 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

St Andrew's é un estadio de fútbol do barrio de Bordesley de Birmingham, Inglaterra. É o fogar do Birmingham City F.C. desde a súa apertura en 1906 e ten capacidade para 30.079 espectadores.

O estadio foi inaugurado en 1906, e contaba cun aforamento de 75.000 espectadores, constando dunha tribuna cuberta e o resto de bancadas ao descuberto. O maior rexistro de asistencia situouse entre os 66.844 e 67.341 espectadores, nun partido da FA Cup de 1939 que terminou en empate contra o Everton. Durante a segunda guerra mundial, a tribuna queimouse e o terreo de xogo quedou gravemente danado. A nova tribuna construíuse na década de 1950, e unha pequena bancada nun dos fondos, pero houbo poucos cambios até a década de 1990. Trala adquisición do club en 1993, tódalas localidades foron remodeladas e convertéronse en localidades de asento para dar cumprimento ao Informe Taylor para a seguridade dos recintos deportivos, reducíndose a capacidade a pouco máis de 30.000.

St Andrew's acolleu partidos internacionais da selección de fútbol de Inglaterra nas categorías inferiores á selección absoluta, así como partidos da semifinal da FA Cup e finais de competicións menores. Celebráronse tamén outros acontecementos deportivos, incluídos o rugby e o boxeo profesional, e, máis recentemente, escenario de concertos de música. O estadio ten salas axeitadas para os negocios ou eventos sociais e unha tenda de merchandising oficial do Birmingham City.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]