Spyair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Spyair
Spyair.jpg
OrixeNagoya, Flag of Japan.svg Xapón
Período2005 – actualidade
Selo(s) discográfico(s)Sony Music Japan
JPU Records (Europa)
MembrosIke (Voz)
Uz (Guitarra/Programación)
Momiken (Baixo)
Kenta (Batería)
Antigos membrosEnzel☆ (DJ)
(2009 - 2012)
Páxina webwww.spyair.net

Spyair (estilizado como SPYAIR) é unha banda de rock xaponesa de Nagoya, formada en 2005. Os seus membros son Ike (voz), UZ (programación/guitarra), Momiken (baixo) e Kenta (batería).

Historia[editar | editar a fonte]

A banda formouse en 2005 e autoproduciu moitos traballos até 2009 cando asinaron co selo discográfico Indie, U-Project. Con U-Project, publicaron "Japanication" e "Kanjou Discord" até que asinaron cunha discográfica maior, Sony Music en 2010. O seu primeiro single importante, "Liar", foi publicado o 11 de agosto de 2010, o seu tema principal utilizouse como a canción do drama Hammer session!. Esta foi precedida por "Last Moment", que se usou como o 25º ending da serie de anime Bleach.

O 8 de xuño de 2011, Spyair sacou o seu cuarto single, "Samurai Heart (Some Like it Hot)", que se usou como o 17º ending do anime Gintama. A principios de 2012, "My World" usouse como o 2º ending de Mobile Suit Gundam AGE. A canción "0 Game (Love Game)" usouse como a banda sonora oficial para a película do 2012 The Amazing Spider-Man. Tamén cantaron o tema da segunda película do anime Gintama.

O seu novo single "Naked" foi publicado o 5 de setembro de 2012.[1] Despois da súa publicación fíxose o anuncio do seu segundo álbum, "Just Do It", que incluía 12 pistas entre as que se atopan "My World", "0 Game" e "Naked"..[2]

Outro single, "Wendy: It's You", usouse como o tema do drama Koi Suru Hae Onna que comezou a emitirse en novembro de 2012.[3] Despois da publicación de "Wendy: It's You", Enzel anunciou que deixaría a banda despois do seu concerto de Nippon Budokan o 18 de decembro.[4] O 18 de decembro, a banda levou a cabo con éxito o seu primeiro concerto en vivo no Nippon Budokan. Representaron un total de 21 cancións que incluían os seus últimos singles. Este concerto foi a última actuación de Enzel co grupo. Despois do concerto fíxose outro anuncio dun novo single, "Sakura Mitsutsuki", que sería publicado o 13 de marzo de 2013, tamén para ser utilizado como o opening do anime Gintama no mes de xaneiro.[5]

O 23 de setembro de 2013, o seu terceiro álbum, Million, publicouse no Reino Unido, Europa, e Rusia por JPU Records. A edición en CD incluía tres pistas adicionais; "Last Moment", "Samurai Heart (Some Like It Hot!!)", e "My World".

Un mes despois, o 11 de outubro de 2013, o seu single "Just One Life" usouse como o primeiro opening do anime "Samurai Flamenco" e o seu novo single "Imagination" publicado o 6 de abril de 2014 como o opening do anime Haikyuu!!.  "I'm a believer" publicouse e utilizou como o segundo opening do anime Haikyuu!!, na súa segunda tempada.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Ike (Voz)
  • Uz (Programación/guitarra)
  • Momiken (Baixo)
  • Kenta (Batería)

Antigo membro[editar | editar a fonte]

  • DJ Enzel (DJ)[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Rockin' the World (2011)
  • Just Do It (2012)
  • Million (2013)
  • BEST (2014)
  • 4 (2015)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Liar" (2010) (Tema de Hammer Session (Serie TV))
  • "Last Moment" (2010) (Bleach 25º ending)
  • "Japanication" (2011)
  • "Samurai Heart (Some Like It Hot!!)" (2011) (Gintama 17º ending)
  • "Beautiful Days" (2011) (Tema de Don Quixote (Serie de TV))
  • "My World" (2012) (Gundam Age segundo ending)
  • "0 Game" (2012) (Tema de The Amazing Spider-Man)
  • "Naked" (2012)
  • "Wendy ~It's You~" (2012)
  • "Sakura Mitsu Tsuki (2013) (Gintama 13º opening)
  • "Niji" (2013) (Tema de Sennyu Tantei Tokage)
  • "Genjo Destruction" (2013) (Tema de Gintama: The Movie: The Final Chapter: Be Forever Yorozuya)
  • "Just One Life" (2013) (Tema de Samurai Flamenco)
  • "Imagination" (2014) (Haikyuu!! primeiro opening)
  • "Glory" (2014)
  • "Rockin' Out" (2015)
  • "Fire Starter" (2015)
  • "I'm A Believer" (2015) (Haikyuu!! primeiro opening da segunda temporada)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]