Saltar ao contido

Sporomusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sporomusa
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Negativicutes Marchandin et al. 2010
Orde: Selenomonadales Marchandin et al. 2010
Familia: Veillonellaceae
Rogosa 1971 emend. Marchandin et al. 2010
Xénero: Sporomusa Möller et al. 1985
Especies

Sporomusa é un xénero de bacterias do filo Firmicutes clasificada na clase Negativicutes.[1] [2] O xénero foi descrito en 1985 por Moller et al. como formado por bacterias gramnegativas, estritamente anaerobias e con forma de banana e multiflaxeladas, que forman endósporas, cando illaron cepas que foron nomeadas como S. ovata e S. sphaeroides.[3] O principal produto de fermentación é o acetato. Poden utilizar compostos de M-metilo, aminoácidos alcohois hidroxi ácidos graxos e outros ácidos orgánicos. O hidróxeno xunto con CO
2
poden usarse como substratos de crecemento. Non reducen o sulfato.[4] O xenoma de S. ovata foi secuenciado en 2013.[5]

Un ulterior exame dos membros deste clado suxire que en realidade son membros dos Clostridia.[6]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

A taxonomía aceptada actualmente deste grupo está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LSPN) [1][2] e a filoxenia está baseada na LTP 11 de The All-Species Living Tree Project baseada no ARNr 16S[7]

?S. termitida

S. aerivorans

S. rhizae

S. ovata

S. silvacetica

S. malonica

S. acidovorans

S. paucivorans

S. sphaeroides (especie tipo)

  1. 1,0 1,1 Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Datos extraídos de J.P. Euzéby. "Negativicutes". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-03-20. 
  2. 2,0 2,1 Ver a páxina web do NCBI sobre as Negativicutes Datos extraídos de Sayers; et al. "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2012-03-20. 
  3. Bernhard Möller, Rolf Oßmer, Bernard H. Howard, Gerhard Gottschalk, Hans Hippe. Sporomusa, a new genus of gram-negative anaerobic bacteria including Sporomusa sphaeroides spec. nov. and Sporomusa ovata spec. nov. Archives of Microbiology. November 1984, Volume 139, Issue 4, pp 388-396 Sporomusa
  4. Sporomusa
  5. Anja Poehlein, Gerhard Gottschalk, Rolf Daniel. First Insights into the Genome of the Gram-Negative, Endospore-Forming Organism Sporomusa ovata Strain H1 DSM 2662. Genome Announcements September/October 2013 vol. 1 no. 5 e00734-13. doi: 10.1128/genomeA.00734-13. [1] Arquivado 26 de abril de 2015 en Wayback Machine.
  6. Yutin N, Galperin MY (2013) A genomic update on Clostridial phylogeny: Gram-negative spore formers and other misplaced Clostridia. Environ Microbiol doi: 10.1111/1462-2920.12173. PMID 23834245
  7. Ver All-Species Living Tree Project [2] Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Datos extraídos de "16S rRNA-based LTP release 111 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 2012-03-20.