Spore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spore
Autor orixinalWill Wright
Desenvolvedor(es)Will Wright, EA Games
Publicación inicial2008
Lingua/singlés, con subtítulos noutras linguas
Tiposimulador de vida (evolución)
Sitio webwww.spore.com

Spore é un videoxogo de simulación de vida e estratexia para Microsoft Windows e Mac deseñado por Will Wright que simula a evolución dunha especie dende as etapas máis primitivas (seres unicelulares) até a colonización da galaxia.

Temática[editar | editar a fonte]

Will Wright, desenvolvedor do xogo Spore, e antes diso do videoxogo The Sims.

Spore é un xogo que trata o tema da evolución, xa que o xogador decide o proceso evolutivo da criatura, aínda que dun xeito máis amplo: o xogador moldea e guía unha especie a través de moitas xeracións, pasando dun simple organismo unicelular a un animal máis complexo, até que a especie alcanza un certo nivel de intelixencia. Neste punto o xogador comeza a moldear e liderar esta sociedade, progresando desde os albores da civilización até acadar a capacidade de explorar o espazo.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O xogo foi desenvolvido por Maxis e foi publicado por Electronic Arts o 7 de setembro de 2008 nos Estados Unidos, e o día 5 en Europa e Brasil (data oficial). O prezo do xogo roldaba os 50 €. Tamén houbo unha edición especial chamada "Edición Galáctica" que incluía dous DVD extra (" Como se fixo" e "Como facer a mellor creación"), un libro de "A arte de Spore" e un cartel pregado, ambos en inglés con subtítulos en castelán. Electronic Arts lanzou ao mercado o Creature Creator completo o 17 de xuño a un prezo de 9,95 euros,[1] pero había unha versión gratuíta dispoñíbel na páxina oficial de Spore que contiña o 25% do contido da versión de pago.[2] Esta aplicación incluíuse no xogo Spore.[3]

A data de lanzamento en España foi o 4 de setembro de 2008. Para PC, Mac, Nintendo DS e plataformas móbiles. A versión para iPhone e iPod Touch foi lanzada o 8 de setembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "DisplayProductDetailsPage". eastore.ea.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2008. Consultado o 22 de xullo de 2023. 
  2. "Descargar Spore para PC Gratis". Malavida (en castelán). Consultado o 2023-07-22. 
  3. Arts, Electronic (2016-10-19). "Videojuegos de Spore: sitio oficial de EA". Electronic Arts Inc. (en castelán). Consultado o 2023-07-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]