Spektr RG
| Spektr RG / SXG | |
|---|---|
Modelo de Spektr RG. | |
| Tipo | Observatorio espacial |
| Contratistas principais | NPO Lavochkin |
| Data de lanzamento | 13 de xullo de 2019[1][2][3] |
| Foguete portador | Proton MF[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Observatorio radioastronómico.[2][3][4][5] |
| NSSDC ID | 2019-040A |
| Masa | 2267 kg[4] |
Spektr RG, tamén coñecido como Spectrum-XG (SXG), é un observatorio espacial ruso lanzado o 13 de xullo de 2019 a bordo dun foguete Proton M desde o Cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Spektr RG é un observatorio espacial ruso con participación internacional para a observación en raios X. A súa misión é estudar o campo magnético interplanetario, as galaxias e os buratos negros. Leva cinco telescopios a bordo que abarcan enerxías desde o ultravioleta extremo aos raios X duros, e adicionalmente leva un monitor global do ceo. Spektr RG é unha versión relanzada dunha misión de igual nome e obxectivos cancelada en 2002.[1][2][4][5]
O observatorio leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][2][4][5]
- eROSITA (Extended Röntgen Survey with an Imaging Telescope Array): telescopios tipo Wolter proporcionados polo Instituto Max Planck para a Física Extraterrestre de Alemaña.
- ART-XC: telescopios codificados por máscara proporcionados polo IKI ruso.
O lanzamento do observatorio foise pospoñendo desde 2013 ata 2019. O 1 de marzo de 2022 Alemaña apagou o seu instrumento no observatorio como consecuencia da invasión rusa de Ucraína, aínda que podería reacenderse no futuro.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPEKTR RG" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (28 de outubro de 2022). "Spektr-RG" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024.
- 1 2 3 "Note verbale dated 15 August 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-09064 (E)). 30 de agosto de 2019: 2. Consultado o 23 de novembro de 2024.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Spektr-RG (SXG)" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024.
- 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2024). "Spektr-RG" (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spektr RG |