Speed (filme de 1994)
Speed é un filme estadounidense dirixido por Jan de Bont que se estreou en 1994.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jack Traven (Keanu Reeves) é un intrépido policía dos Ánxeles. A supervivencia nesa cidade para un axente da lei non é unha tarefa doada, pero Jack, ademais de desfrutar de boa sorte, coñece perfectamente os trucos para sortear o perigo. Porén, terá que afrontar unha dura proba cando debe subir a un autobús urbano que leva instalada unha bomba programada para estoupar se o vehículo diminúe a súa velocidade a menos de 50 millas por hora (80 quilómetros por hora). Empeza así unha tola carreira pola cidade, con Jack intentando dar confianza á unha fermosa pasaxeira chamada Annie (Sandra Bullock) que substituíu o condutor, ferido no "secuestro".
Descóbrese que o terrorista que puxo a bomba chámase Howard Payne (Dennis Hopper), quen foi policía, e que fixo isto porque quere extorsionar á cidade por 3,7 millóns de dólares. Payne ten todas as bazas nas súas mans, xa que nin sequera o colega de Jack, Harry Temple (Jeff Daniels), que actúa a través das autoridades policiais, pode facer algo acabando mesmo morto no intento. Aínda así Traven está decidido a facer todo o posíbel para deter ao terrorista.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Keanu Reeves como Oficial de policía Jack Traven
- Dennis Hopper como Howard Payne
- Sandra Bullock como Annie Porter
- Jeff Daniels como Detective Harry Temple
- Joe Morton como Tenente "Mac" McMahon
- Richard Lineback como Sarxento Norwood
- Alan Ruck como Doug Stephens
- Margaret Medina como Oficial de policía Robin Barnette
- Carlos Carrasco como Ortiz
- Hawthorne James como Sam
- Beth Grant como Helen
- Glenn Plummer como "Tuneman"
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Speed na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)