Soyuz TM-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soyuz TM-2
TipoTripulada
Data de lanzamento5 de febreiro de 1987, 21:38 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión174,14 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso30 de xullo de 1987, 1:05 GMT[1][6]
NSSDC ID1987-013A
Masa7000,0 kg[2][5][6]

Soyuz TM-2 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de febreiro de 1987 mediante un foguete Soyuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soyuz TM-2, unha Soyuz modelo TM cos cosmonautas Yuriy Romanenko e Aleksandr Laveykin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

Laveykin tivo que ser evacuado prematuramente na Soyuz TM-3 debido a problemas de saúde, deixando a Romanenko xunto con Aleksandrov (chegado na TM-3) nunha misión de longa duración. Durante a súa estancia a Mir recibiu o módulo Kvant, que tivo problemas para acoplarse á estación ata que os cosmonautas, durante un paseo espacial, eliminaron un obxecto que obstruía a zona de conexión entre a estación e o módulo. Máis tarde durante a misión tamén chegaron a Progress 29, a Progress 30 e a Soyuz TM-3.[2][3][4][5]

A Soyuz TM-2 regresou a terra o 30 de xullo de 1987 ás 1:05 GMT con Faris, Laveykin e Viktorenko a bordo.[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 27 June 1987 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (87-16562). 7 de xullo de 1987: 3. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]