Soiuz T-12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Soyuz T-12»)
Soiuz T-12
Selo conmemorativo da misión Soiuz T-21
TipoTripulada
Data de lanzamento17 de xullo de 1984, 17:40 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión11,80 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 7.[2][6]
Regreso29 de xullo de 1984, 12:55 GMT[1][6]
NSSDC ID1984-073A
Masa7020,0 kg[2][5][6]

Soiuz T-12 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 17 de xullo de 1984 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz T-12, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Vladimir Dzhanibekov, Svetlana Savitsakaya e Igor Volk a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 7. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso. Durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dunha cosmonauta, a tripulante Svetlana Savitskaya. O paseo durou 3 horas e 30 minutos, durante o cal probou unha ferramenta para cortar, soldar e puír superficies metálicas.[2][3][4][5]

Os cosmonautas regresaron o 29 de xullo de 1984 ás 12:55 GMT.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-T 12" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-T 12" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 6 November 1984 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (84-29335). 23 de novembro de 1984: 2. Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz T-12" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz T-12" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2017.