Soiuz 2
Soiuz 2 | |
---|---|
Data de lanzamento | 25 de outubro de 1968, 8:34 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Duración da misión | 2 días 23 horas[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Soiuz 3.[2][6] |
Regreso | 28 de outubro de 1968[1][6] |
NSSDC ID | 1968-093A |
Masa | 6520,0 kg[2][5] |
Soiuz 2 foi unha misión espacial non tripulada soviética lanzada o 25 de outubro de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz 2, unha Soiuz modelo 7K-OK sen tripulación a bordo, foi lanzada para acoplarse coa Soiuz 3, tripulada por Georgi Beregovoi e lanzada unhas horas despois. A misión foi planeada para gañar práctica nas citas e acoplamentos espaciais. Beregovoy non conseguiu acoplarse coa Soiuz 2, que debía servir como obxectivo pasivo, debido á súa insistencia en usar os controis manuais e saltarse os sistemas automáticos, gastando a maior parte do propelente adicado a manobras no seu primeiro intento de acoplamento. O resto da misión adicouse a facer diferentes probas coa cápsula, así como experimentos dirixidos á observación astronómica e á observación terrestre.[2][3][5]
A Soiuz 2 volveu a terra o 28 de outubro de 1968.[2][3][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 2" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz 2" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 29 November 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (68-30916). 20 de decembro de 1968: 2. Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ Claude Lafleur (2017). "Soiuz 3" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 2, 5 (7K-OK, passive)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz-3: USSR resumes human missions after the accident" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.