Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética
Президиум Верховного Совета
State Emblem of the Soviet Union.svg
Datos xerais
Creación1938
Término1991
Sede(s)
{{{salon_sesións}}}
Presidium do Kremlin, Kremlin de Moscova
Cronoloxía

Comité Executivo Central da Unión Soviética

Presidente da Unión Soviética

O Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética (en ruso: Президиум Верховного Совета) foi un dos máis importantes órganos de goberno da Unión Soviética, que exercía unha xefatura de estado colectiva. Elixido polo Soviet Supremo en sesión conxunta das súas dúas cámaras, tiña potestade lexislativa cando este non sesionaba (o Soviet Supremo só se xuntaba en dous períodos anuais). A súa sede estaba localizada no Kremlin de Moscova.

Poderes constitucionais[editar | editar a fonte]

Segundo a Constitución da Unión Soviética, as principais atribucións do Presidium do Soviet Supremo eran as siguientes:

  • Promulgar decretos
  • Interpretar a lexislación vixente
  • Disolver o Soviet Supremo segundo o disposto polo artigo 47 da Constitución e chamar a novas eleccións
  • Realizar un referéndum nacional por iniciativa propia ou a solicitude dalgunha das repúblicas da Unión
  • Declarar a nulidade de decretos do Consello de Ministros e os consellos de ministros das repúblicas no caso de que discreparan coa lexislación vixente
  • Relevar ao Presidente do Consello de Ministros e nomear ministros, sempre que o Soviet Supremo non se atopara sesionando, coa posterior remisión ao Soviet Supremo para a súa aprobación
  • Establecer ordes e medallas, e otorgalas
  • Establecer títulos honorarios, e asignalos
  • Conmutar penas
  • Nomear e relevar aos membros do Estado Maior do Exército Vermello
  • Establecer rangos militares e diplomáticos, entre outros
  • Declarar a movilización parcial ou xeral
  • Declarar a guerra no caso de ataque á Unión Soviética ou en cumprimento de obrigacións de tratados internacionais de defensa mutua
  • Ratificar e renunciar a tratados internacionais subscritos pola Unión Soviética
  • Representar ao Soviet Supremo, sempre que este non se atopara sesionando, nas súas relacións con parlamentos estranxeiros
  • Nomear e relevar plenipotenciarios soviéticos no estranxeiro
  • Recibir cartas credenciais de representantes diplomáticos estranxeiros acreditados á Unión Soviética;
  • Declarar a lei marcial nunha rexión determinada ou en toda a Unión co propósito de defender ao país ou preservar a orde pública e a seguridade do Estado.

O Presidium tamén se encargaba de asuntos relacionados coa adquisición da cidadanía soviética, coma a súa retirada ou renuncia voluntaria a ela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]