Sorano de Éfeso o Mozo
Nome orixinal | (la) Soranus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 98 Éfeso, Turquía |
Morte | século II |
Actividade | |
Ocupación | médico, xinecólogo |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: 138 ) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Sorano de Éfeso o Mozo (en grego antigo Σωρανός, en latín Soranus) foi un médico grego nativo da cidade de Éfeso. Viviu no século II ou III.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo Suidas escribiu entre outras obras:
- Γυναικείων βιβλία τέσσαρα
- Βίους Ἰατρῶν καὶ Αιρέσεις καὶ Συντάγματα
Johann Albert Fabricius di que lle correspondería o fragmento Περὶ Μήτρας καὶ Γυναικείου Αἰδοίου que aínda se conserva, e que podería formar parte da obra De Morbis Mulierum (Sobre as enfermidades das mulleres) (o autor é considerado metódico), mencionada por Aecio; e tamén Περὶ Κοινοτήτων en polo menos dous libros. Como o tratado De Morbis Mulierum menciona algúns médicos que viviron no século III, isto obrigaría a colocar este médico neste momento ou máis tarde.
De Methodo Medendi (Sobre o método da curación) escrito arredor de 178 sería outra obra dun Sorano, pero pola cronoloxía non encaixa ben nin con Sorano de Éfeso o Vello nin con Sorano de Éfeso o Mozo.
Outros traballos que poderían corresponder a calquera dos dous doutores Sorano de Éfeso:
- 1. Περὶ Γυναικείων Παθῶν, De Arte Obstetricia Morbisque Mulierum
- 2. Περὶ Μήτρας καὶ Γυναικείου Αἰδοίου, De Utero et Pudendo Muliebri
- 3. Περὶ Σημείων Καταγμάτων, De Signis Fracturarum
- 4. Περὶ Ἐπιδέσμων, De Fascis
- 5. Βίος Ἱπποκράτους, Vita Hippocratis
- 6. In Artem Medendi Isagoge
- Περὶ Φαρμακείας
- Μονόβιβλος Φαρμακευτικός
- Περὶ Σπέρματος
- Περὶ Ζωογονίας
- Περὶ τῶν παρὰ Φύσιν
- Περὶ Κοινοτήτων
- Τὸ Ὑγιείνον
- Περὶ Νοσημάτων
- Περὶ Ὀξέων
- De Anima [1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, William Alexander (1870). "4. Soranus". En William Smith (ed.). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Londres: John Murray.