Sonsoles Espinosa
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Sonsoles Espinosa Díaz 8 de novembro de 1961 (62 anos) Ávila, España |
Educación | Universidade de León |
Actividade | |
Ocupación | profesora de música, profesora de música |
Empregador | coro RTVE Real Capilla de Madrid (en) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | José Luis Rodríguez Zapatero |
Sonsoles Espinosa Díaz, nada en Ávila o 8 de novembro de 1961, é unha xurista, soprano e profesora de música española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de militar, licenciada en dereito pola Universidade de León, coñeceu nesta cidade a José Luis Rodríguez Zapatero en 1981. A parella contraeu matrimonio o 27 de xaneiro de 1990. Froito deste son dúas fillas, Laura e Alba.
Profesional da música, impartiu clases desta disciplina nun colexio privado de León, o Colegio Leonés. Foi membro do coro universitario desta cidade. Ao ser elixido Rodríguez Zapatero secretario xeral do PSOE ambos trasladaron o seu domicilio a Madrid, a capital de España. Grazas á práctica da música vocal tamén en Madrid permanece en contacto co mundo artístico. No coro do Teatro Real desempeñou funcións de soprano substituta. Con posterioridade, foi tamén contratada polo coro de RTVE.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Ana Botella |
Parella do Presidente do Goberno de España 2004 - 2011 |
Sucesor: Elvira Fernández Balboa |