Sonna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Sonna foi un dos nobres ou condes (comes) galegos que no ano 842 axudaron a Ramiro I na guerra contra o seu opositor ovetense, Nepociano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Crónica de Afonso III ofrece unha brevísima información, pola cal este nobre xunto con outro chamado Escipión terían capturado a Nepociano na rexión de Primorias (preto de Pravia, centro de Asturias). Foi derrotado na batalla de Cornellana (842) e despois foi presentado a Ramiro I, quen lle perdoou a vida. Porén, El-Rei cegaríao para evitar unha posible rebelión, pechándoo nun mosteiro, aínda hoxe descoñecido.