Sonia Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSonia Barros
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Sonia Barros, nada en Vigo en 1975, é unha directora de televisión galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1993 trasladouse á Coruña para estudar publicidade, pero ao rematar a súa formación enfocouse ao mundo da televisión. En 1999 dirixiu unha serie documental para a TVE en Galicia titulada Vidas. Pouco despois, volve á dirección cos documentáis Distrito quinto, unha produción sobre marxinados no barrio coruñés de Labañou, "Surf, a primeira onda" e "Tocados polo vento", todos para a TVG. No ano 2003 dirixe outra serie documental, nesta ocasión sobre a catástrofe do Prestige para TVE.

Despois de encargarse da dirección e guión do primeiro concurso-reality da TVG, A casa de 1906 (2006) e ao ano seguinte da segunda edición do mesmo "A casa de 1907", reincidiu no xénero ao dirixir Ruta 66 (2008), un reality onde os protagonistas eran da terceira idade.

En 2009 dirixiu El aprendiz, un programa de telerrealidade que se basea na contratación e loita por un traballo e que foi presentado polo publicista catalán Lluís Bassat para a cadea La Sexta.