Soneto de Monterrei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Soneto de Monterrei é un poema do século XVI e unha das poucas mostras de literatura galega dos séculos escuros. Descoñécese a súa autoría, e aínda que se atribuíu nun principio a Luís de Camões, parece pouco probábel para un poema con contido sutil e maduro para un Camões que nesa altura non podía ter máis de quince anos[1].

Texto[editar | editar a fonte]

Soneto de Monterrei
Alá en Monterrei en Val de Laça,
a Violante vi beira de un río
tan fermosa, en verdá, que quedei frío
de ver alma inmortal en mortal maça.
De un alto e lindo corpo a seda laça
a pastora sacaba fío a fío,
quando lle dise: -“Morro, corta o fío”
-“Vólveo, non cortarei, seguro pasa”.
-“¿E como pasarei, se eu acá quedo?
Se pasar –respondí- non vou seguro
que este corpo, sen alma, morra cedo”.
-“Coa minha, que levas, te aseguro
que non morras pastor”. –“Pastora hei medo;
o quedar me parece máis seguro".
Anónimo, 1530-1540

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega. Xerais. p. 85. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]