Sondre Norheim
Sondre Norheim | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Sondre Auverson |
Nacemento | 10 de xuño de 1825 |
Lugar de nacemento | Morgedal |
Falecemento | 9 de marzo de 1897 |
Lugar de falecemento | Dacota do Norte |
Nacionalidade | Noruega |
Ocupación | esquiador alpino, saltador de esquí e Nordic combined skier |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sondre Norheim, nado como Sondre Auverson en Øverbø, o 10 de xuño de 1825 e finado o 9 de marzo de 1897, foi un esquiador noruegués que está considerado como o pioneiro do esquí moderno. Tamén é coñecido como o "pai" do esquí Telemark.
Biografía[editar | editar a fonte]
Sondre Auverson naceu en Øverbø e medrou en Morgedal unha localidade de Kviteseid, no condado de Telemark, Noruega. Esquiar era unha actividade moi popular en Morgedal, e Sondre fixo do descenso libre unha actividade recreativa, gañando fama pola súa habilidade. Realizou varias inovacións na tecnoloxía do esquí deseñando novos equipamentos, como diferentes ligazóns e esquís máis curtos cos lados curvos. Tamén creou o esquí de Telemark, que é a orixe dos prototipos actualmente producidos. Sondre Norheim foi recoñecido polos seus contemporáneos como un mestre na arte de esquiar. Combinou o esquí vulgar cos saltos e o slalom. En 1868, gañou a primeira competición nacional de esquí en Christiania, derrotando aos seus adversarios máis novos con moita vantaxe. Foi gañando reputación e creou novos termos como ski e slalåm coñecidos hoxe mundialmente.[1]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Sondre Norheim - The Father of Modern Skiing de Anne-Gry Blikom e Eivind Molde (North American Heritage Press. Minot, Dakota do Norte. Outubro de 2003)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ (en inglés) The Cradle of Skiing Ministerio dos Negocios Estranxeiros de Noruega. Febreiro de 1993 Arquivado 18 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.