Sojourner Truth
Sojourner Truth | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Isabella Baumfree |
Alcume | Sojourner Truth |
Nacemento | c. 1798 |
Lugar de nacemento | Hurley |
Falecemento | 26 de novembro de 1883 |
Lugar de falecemento | Battle Creek |
Soterrada | Cemitério Oak Hill |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Relixión | Metodismo |
Ocupación | Activista polos dereitos humanos, escritora, abolicionista, activista polos dereitos das mulleres e sufraxista |
Premios | National Women's Hall of Fame e Michigan Women's Hall of Fame |
Na rede | |
https://sojournertruthmemorial.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sojourner Truth (1797? - 1883) foi o nome que adoptou, a partir de 1843, unha abolicionista afroamericana, nada na escravitude. O seu nome orixinal foi Isabella Bomefree (logo cambiouse a Baumfree). O ano do seu nacemento é incerto, e polo xeral dáse como 1797.
O seu nome escollido é, en alto grao, simbólico en inglés: sojourner ó o nome de axente do verbo to sojourn, que significa "quedarse como residente permanente"; truth significa "verdade". O composto parecería significar, entón, "Residente permanente da verdade".
Escapou a Canadá en 1827. Logo de que o estado de Nova York abolira a escravitude ese ano, regresou alí en 1829, traballou como empregada doméstica durante mais dun decenio e sumouse a Elijah Pierson na predicación evanxélica nas rúas.
Posteriormente, converteuse en oradora a favor, tanto do movemento abolicionista, como dos dereitos da muller. Quizais un dos seus discursos máis famosos foi ¿Non son muller? (aínda que os rexistros oficiais deste discurso non conteñen esta frase), breve pero agudo comentario pronunciado en 1851 no Congreso da Muller, en Akron (Ohio).
En 1850 traballou con Olive Gilbert para editar unha biografía: a Narrative of Sojourner Truth.
Durante a guerra civil estadounidense, organizou recollidas de víveres a favor da Unión.
En 1997, o vehículo robótico da misión do Mars Pathfinder da NASA, recibiu o nome de "Sojourner", en honor a Sojourner Truth.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nota xenealóxica (en inglés)
- Narrative of Sojourner Truth, a autobiografía de Sojourner Truth] (en inglés)