Saltar ao contido

Soiuz 18-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 18-1
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Nave
Implicados
 Operador/a
 Membro da tripulación
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
5 de abril de 1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
 País
Cifras e dimensións
 Masa
   6.830 kg engalaxe Editar o valor en Wikidata
 Duración
   1.287 s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01b8c2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Soiuz 18-1, denominada así a posteriori, foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de abril de 1975 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz 18-1 estaba tripulada por Vasili Lazarev e Oleg Grigorievich Makarov. A engalaxe tivo lugar de maneira normal, pero despois da separación da segunda etapa a terceira etapa non se acendeu. O control de terra activou a torre de escape do foguete cando este se atopaba a 192 km de altura, separando a cápsula tripulada do resto do foguete e sometendo os dous cosmonautas a unha aceleración de máis de 20 G. A cápsula acabou aterrando de maneira accidentada nos montes Altai, cerca da fronteira con China, rodando por unha ladeira e sendo detida por arbustos pouco antes dun precipicio. Os cosmonautas temeron estar no lado chinés da fronteira, pero tras unhas horas foron atopados e asistidos por xente do lugar falando en ruso antes da chegada do equipo de rescate. Lazarev sufriu feridas internas debido á alta aceleración e á rodaxe da cápsula e nunca máis volveu voar ao espazo.[1][2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Mark Wade (2017). "Soyuz 18-1" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2017.
  2. 1 2 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2017.