Saltar ao contido

Sofía Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSofía Nieto
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Alcorcón, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - matemáticas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, matemática, Q6087445 Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata - 2008 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1461245 BNE: XX5738195 Editar o valor en Wikidata

Sofía Nieto, nada en Alcorcón o 16 de agosto de 1984, é unha actriz e matemática española coñecida especialmente por traballar nas series Aquí no hay quien viva e La que se avecina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sofía Neto empezou a súa carreira como actriz ós 16 anos, comezando ós poucos no mundo do teatro. En 2003, foi elixida para facer da filla de Juan Cuesta na serie de televisión española Aquí no hay quien viva. Estivo a actuar na serie até que acabou de emitirse, o 6 de xullo de 2006. Logo de mercar Telecinco os dereitos da serie de Antena 3, ela e a maioría de actores de Aquí no hay quien viva pasaron a rodar en xaneiro La que se avecina. Nieto pasou a ser a bolseira da barbaría Araceli Madariaga, pero, ó separarse Araceli de Enrique Pastor, el converteu a barbaría nun bar e ela pasou a ser camareira.

Rodou un telefilme chamado Bichos raros. Participou en obras de teatro como Entremeses, de Miguel de Cervantes, ou Amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín, de Federico García Lorca.

Outras actividades

[editar | editar a fonte]

Logo de retirarse da actuación en 2008, iniciou os seus estudos na Universidade Autónoma de Madrid onde se licenciou en matemáticas cun premio extraordinario polo seu expediente excelente durante toda a carreira. Estuda o doutoramento na Universidade Autónoma de Madrid[1] ademais de ser profesora axudante en devandita universidade.[2]

  1. "La actriz Sofía Nieto, de 'La que se avecina', mente matemática privilegiada". Consultado o 20 de marzo de 2011. 
  2. "La Semana de la Ciencia, a fondo". 18 de novembro de 2010. Consultado o 2 de maio de 2011.