Saltar ao contido

Sofía Feliu Toledano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSofía Feliu Toledano
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1926 Editar o valor en Wikidata
Navalmoral de la Mata, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2010 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata


Sofía Feliú Toledano, nada en Navalmoral de la Mata (provincia de Cáceres) o 22 de xuño de 1926 e finada en Madrid o 2 de xaneiro de 2010, foi unha pintora estremeña que pasou parte da súa vida en Betanzos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla de Perfecto Toribio Feliú Paz -guarnicioneiro orixinario de Navalmorales- e de de María Toledano González, xastra de Cáceres. O matrimonio tivo outros dous fillos: Enrique e Francisco Javier. Perfecto Feliú fora presidente da Sociedade de Socorros Mutuos La Redentora, directivo do Circo de Artesanos de Navalmoral de la Mata e militante da Confederación Nacional do Traballo. Sufriu represión tras a guerra civil española, e logo de diferentes penas reincorporouse ao seu traballo de guarnicioneiro.

Sofía Feliu comezou a súa traxectoria pictórica entre 1942 e 1947, formándose xunto ao pintor madrileño Francisco Neri Robledo e con outros pintores locais como Guillermo Barrigón. Neses anos comeza a recibir premios e envía obras á Exposición Nacional Feminina de Madrid, á Biblioteca Nacional e ao Salón de Outono de Madrid.

En 1948 a familia trasladouse á Coruña, cidade na que ampliou a experiencia e formación, e comezou a pintar paisaxes galegas. En 1967 marchou a Madrid, iniciando en 1968 os seus estudos de Arte Contemporánea na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. Desta época son as súas obras sobre os comercios antigos da capital madrileña. Formou parte tamén da Asociación Sindical de Artistas Plásticos de Madrid. Continuou a súa formación con diferentes estudos de litografía ou pintura, colaborando con diferentes institucións.

En Galicia destacan as súas obras sobre a cidade de Betanzos e as súas colaboracións con Francisco Vales Villamarín, Secretario Perpetuo da Real Academia Galega.

Unha das súas exposicións máis destacadas foi a realizada en 1979 en Navalmoral de la Mata, no salón social do Cutty Sark Pub. Ao remate da súa vida, doou parte da totalidade da súa obra ao Concello de Navalmoral de la Mata coa condición de realizar unha exposición permanente da súa obra. Xunto a estes cadros, existen outras obras en coleccións privadas e no Museo das Mariñas de Betanzos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]