Socorro Vermello Internacional
Socorro Vermello Internacional | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1922 e anos 1970 |
Data de disolución | 1947 |
Fundador(es) | Terceira Internacional |
Presidente/a | |
Na rede | |
https://rhi-sri.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Socorro Vermello Internacional (SVI) foi un servizo social internacional organizado pola Internacional Comunista en 1922. Creada para que funcionase como unha Cruz Vermella política internacional. O SVI conduciu campañas de apoio aos prisioneiros comunistas e reuniu apoio material e humanitario en situacións específicas. O SVI estaba dirixido por Clara Zetkin, Elena Stasova e Tina Modotti. Disolveuse en 1942.
Filiais nacionais
[editar | editar a fonte]Cara a 1924 a organización tiña filiais nacionais en 19 países. Durante a súa existencia, as filiais nacionais do Socorro vermello Internacional incluíron[1] [2]
- Alemaña: Rote Hilfe Deutschlands
- Austria: Österreichische Rote Hilfe
- Bulgaria: Organización de Apoio das Vítimas da Ditadura Capitalista
- España: Socorro Rojo Internacional
- Estados Unidos de América: International Labor Defense
- Francia: Secours Rouge International
- Italia: Soccorso rosso italiano
- México: Liga Pro Loitadores Perseguidos
- Noruega: Norges Roede Hjelp
- Países Baixos: Roode Hulp Holland
- Polonia: Międzynarodowa Organizacja Pomocy Rewolucjonistom (MOPR - Comisión de Apoio dos Prisoeiros Políticos)
- Reino Unido: International Class War Prisoners Aid
- Suecia: Internationella röda hjälpen – svenska sektionen
- URSS: Международная организация помощи борцам революции (MOPR Socorro Rojo Internacional dos Combatientes da Revolución)
Socorro Vermello en España
[editar | editar a fonte]O Socorro Vermello Internacional apareceu en España como unha organización de caridade durante a revolución de Asturias en 1934.[3]
A organización, que incluía artistas e escritores, foi posteriormente reformado e expandiuse a Barcelona en xaneiro de 1936 co obxectivo de rexeitar ao fascismo en múltiples frontes. Durante a guerra civil española, o escritor Joaquín Arderíus foi o presidente da organización antes de exiliarse a Francia e México. As súas principais actividades consistiu en axudar aos nenos con comida na zona republicana e achegar bibliotecas aos soldados. Contribuíron tamén creando 275 hospitais, ambulancias, campañas de hixiene dental etc.
A insignia do Socorro Vermello consistía nunha S detrás das reixas dunha prisión. O POUM, un partido marxista en España, organizou un Socorro Vermello paralelo en oposición ao Socorro Vermello Internacional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Spartacist materials on revolutionary defense policy: What Defense Policy for Revolutionaries?". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 07 de xullo de 2011.
- ↑ http://www.arbarkiv.nu/pdf_wrd/vik02.pdf[Ligazón morta]
- ↑ El Socorro Rojo Internacional y su intervención en España[Ligazón morta]