Sociedade Guerreira Mohawk
Sociedade Guerreira Mohawk | |
---|---|
Tipo | organización e asociación |
Data de fundación | 1971 |
En | Kanesatake |
País | Canadá |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade Guerreira Mohawk (en mohawk: Rotisken’rakéhte)[1] ou Sociedade Guerreira de Kahnawake é unha organización mohawk que ten como obxectivo a afirmación da autoridade mohawk sobre as súas terras tradicionais, incluíndo o uso de tácticas como controis de estrada, desafiuzamentos e ocupacións.[2]
A sociedade fundouse en 1971 en Kahnawake, no Quebec, no Canadá.[3] Gañou notoriedade por primeira vez en 1973 cando eles, xunto cos activistas do American Indian Movement, mantiveron un enfrontamento coa Policía do Quebec en Kahnawake, e de novo durante a crise de Oka en 1990.[2] Os membros desta sociedade son coñecidos como "guerreiros".
Bandeira
[editar | editar a fonte]A bandeira da Sociedade Guerreira Mohawk foi deseñada por Karoniaktajeh Louis Hall en 1974.[4] Hall foi un artista, escritor e activista de Kahnawake.[5] Inicialmente chamábase "bandeira da unidade" ou "bandeira india", representando un home indíxena con cabelos longos por riba dun sol amarelo e un fondo vermello. Isto cambiou na década de 1980 e o home foi substituído por un guerreiro Kanien’kehá:ka (mohawk).[5] A bandeira destacou nos medios durante a crise de Oka e converteuse nun símbolo de resistencia para o pobo kanien'kehá:ka.[5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Bandeira da Sociedade Guerreira Mohawk na marcha "Beyond NoDAPL" en Washington, D.C.
-
Marcha "NoDAP" en Washington, DC.
-
Irmán de Leonard Peltier falando nas marchas de Standing Rock e "Beyond NoDAPL" en Washington, DC.
-
Marcha "NoDAPL" en Washington, DC.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cohen, Stanley L. (19 de setembro de 2016). "The Road from Standing Rock to Gaza is a Straight Line". Caged but undaunted (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 UTA Edco. Upping the Anti #2. UTA Publications. pp. 90–. ISBN 978-0-9682704-7-9.
- ↑ Bruce Elliott Johansen; Barbara Alice Mann (1 de xaneiro de 2000). Encyclopedia of the Haudenosaunee (Iroquois Confederacy). Greenwood Publishing Group. pp. 330–. ISBN 978-0-313-30880-2.
- ↑ "HAUDENOSAUNEE - MOHAWK - ONEIDA - ONONDAGA - CAYUGA - SENECA - TUSCARORA- Kahnawake Branch Of The Mohawk Nation Six Nation Iroquois Confederacy". www.kahnawakelonghouse.com. Consultado o 12 de xuño de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Deer, Jessica (11 de xullo de 2020). "Oka Crisis: The legacy of the warrior flag". CBC News Network. Consultado o 12 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sociedade Guerreira Mohawk |