Leonard Peltier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonard Peltier
Datos persoais
Nacemento12 de setembro de 1944
 Grand Forks
OrganizaciónAmerican Indian Movement
Partido Paz e Liberdade
ProfesiónPolítico, pintor
Na rede
IMDB: nm0671315 Musicbrainz: 1bc102ce-1edf-4599-bff5-825cf3a3e9e0 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leonard Peltier, nado en Grand Forks o 12 de setembro de 1944, é un activista indíxena dos EUA e membro do American Indian Movement (AIM).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1977 foi condenado a dúas cadeas perpetuas polo asasinato de dous axentes do FBI que morreron durante un tiroteo en 1975 na reserva india de Pine Ridge, nos territorios sagrados síux de Dakota do Sur, onde se atopara meses atrás uranio e carbón, e no que morreron asasinados 250 indíxenas.

Hai un debate importante sobre a culpabilidade de Peltier e a imparcialidade do seu xuízo. Algunhas organizacións considérano un preso político. Amnistía Internacional ten dito que "Malia non ser tomado como un prisioneiro de conciencia, hai preocupación sobre a imparcialidade do proceso que levou á súa condena e crese que diferentes factores políticos poden ter influído no modo en que foi levado o caso."[1] Hoxe en día está nunha prisión de Lewisburg, Pennsylvania.

Por mor dos máis de 30 anos que leva na cadea, a saúde de Leonard Peltier é precaria; é diabético e fállalle a visión dun ollo. Dende 1985 pinta cadros ao óleo expresando falta de todo odio. Nelson Mandela propuxo a súa liberación ao entón presidente Bill Clinton, que lla denegou, logo de recibir presións do FBI.

Apoios[editar | editar a fonte]

Pintada en apoio da posta en liberdade de Peltier.

Robert Redford foi o produtor dunha película documental de título Incident at Oglala: The Leonard Peltier Story, baseada nos sucesos que aconteceron na reserva en 1975 que non ten sido distribuída aos cinemas americanos e europeos. Grandes personalidades mundiais como o Dalai Lama e o xa nomeado Nelson Mandela intercederon ante varios presidentes dos Estados Unidos sen éxito para conseguir indulto. Tamén ten recibido o apoio de Rigoberta Menchú, Amnistía Internacional, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, o Ejército Zapatista de Liberación Nacional, o Parlamento Europeo[2], o Parlamento Belga[3], o Parlamento Italiano, o Kennedy Memorial Center for Human Rights, e o Arcebispo Desmond Tutu, entre outros.

Hoxe en día é o símbolo por excelencia da resistencia india. En 1986 recibiu o premio da Asociación Pro Dereitos Humanos de Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "USA: Appeal for the release of Leonard Peltier". Amnesty International. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 12 de agosto de 2009. 
  2. Resolution on the case of Leonard Peltier, Parlamento Europeo, 11 de febreiro de 1999
  3. Voorstel van resolutie betreffende Leonard Peltier, Parlamento de Bélxica, 29 de xuño de 2000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]